O pasado domingo 18/07 comezou a mostra de vellos oficias artesáns nos soportais da Casa do Concello na praza Maior de Lugo.
As mostras terán lugar nos soportais da Casa do Concello, na praza Maior os domingos 18 de xullo, 1, 8, 22 e 29 de agosto e 5, 11 e 19 de setembro, de 11 a 14 e de 17 a 20:30.
Cada un dos días contarase con dous profesionais de distintas especialidades, entre as que se atopan a madeira, os instrumentos musicais, a cestería ou o metal, entre outras.
O domingo contouse co torneiro Arturo Iglesias, que mostrou as pezas qeu realiza co torno tradicional do Museo Etnográfico de Grandas de Salime, e Xoán Manuel Tubío Fernández «Xaneco», cunha mostra de zanfonas.
O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, explicou que a área de Cultura planificou esta mostra co obxectivo de “facilitar o coñecemento dos oficios tradicionais a través de experiencias en directo que mostren o bo facer das e dos artesáns”.
“Este proxecto de promoción dos vellos oficios céntrase nos labores tradicionais que manteñen vivos mestres e artesáns, e poderase ver a técnica destas disciplinas que sobreviviron á produción industrial”, explicou o Tenente Alcalde, que engadiu “a actual sensibilización contra o cambio climático facilitou a recuperación destes oficios tradicionais e a incorporación de persoas novas ou que se reciclen doutras profesións a este sector”.
Programa Mostra de Vellos Oficios Artesáns 2021
18 de xullo, Especialidade Madeira
Instrumentos musicais: Zanfonas e pandeiretas, Xoan Manuel Tubio Fernández “Xaneco”
Torno Tradicional do Museo Etnográfico de Grandas de Salime, Arturo Iglesias
1 de agosto
Cestería, Chus Labrador Sequeiros
Elaboración de cabezudos, Marga Portomeñe
8 de agosto
Cestería, Carmen Fieiras
Canteria, Ramón Villar Gómez
22 de agosto
Cestería, Idioia Cuesta
Corozas de Xunco, Álvaro M. Leiro
29 de agosto
Carpintería tradicional, Ignacio Gómez Abrau
Madeira e fibra: Silleiro Tórdea, José Luís Castro Gómez
5 de setembro
Alfarería: Bautizo de Torno, Antón Román
Alfarería: Obradoiro de barro, Susana González Amado
12 de setembro
Metal e madeira: Navalleiro, Jorge Román Toquero – Hyottoko Artesanía
Metal Latoeiro, Fernando Reboredo
19 de setembro
Madeira: Zoqueira, Elena Ferro
Cerería, Alberto Uría