Novembro 2018 Este sábado pola noite, “Cultura do País” conmemorou o Centenario do Manifesto de Lugo no Hotel Méndez Núñez, coa Festa Dandi, e as actuacións de: Duende Circo, Microefectos Dramatúrxicos, As Ramilettes e Marqués de Vilapodre DJ set. Este evento foi un dos moitos que ao longo do fin de semana prepararon con motivo do aniversario da Iª Asemblea Nacionalista, que tivo lugar na cidade de Lugo os días 17 e 18 de 1918.
A Festa Dandi destaca pola coidada caracterización dos asistentes…non podíamos faltar para facer as fotos, e ademáis contamos coa magnífica colaboración dun asistente: Oda Laxe a maiores dos nosos fotógrafos Belén Cordero e Adra Paixón.