I festival ‘De perdidos ao Miño’ sobre o respecto á diversidade sexual.
Grandes referentes da mocidade en diversidade sexual alíanse co Concello de Lugo nun festival que nace como referente en Galicia
Participarán persoeiros como Carolina Iglesias, cómica, guionista e youtuber galega, recoñecida no 2021 co Premio Marcela e Elisa; Marta Herráiz, fundadora de LesWorking, ou a profesora Noemí Díaz Vázquez nun cartel “de primeiro nivel’.
![](https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2022/04/de-perdidos-mino.jpg)
O paseo do Miño en Lugo acollerá o vindeiro venres, 6 de maio 18:00 e con entrada de balde, a primeira edición do encontro ‘De perdidos ao Miño’, “que nace para ser un referente en Galicia para concienciar desde un espazo de reflexión, pero tamén lúdico, sobre o respecto á diversidade sexual”, segundo avanzou o concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto.
O obxectivo desta iniciativa é «achegar ás novas xeracións, nunha contorna natural e aberta como é o río, valores sociais co fin de evitar que se transmitan prexuízos contra a diversidade desde idades temperás”.
Queremos, incidiu Repetto, “que poidan abordar adecuadamente e con normalidade cuestións de ámbito sexual, achegándolles ferramentas para resolver os problemas aos que poidan exporse”.
![](https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2022/04/perdidos-ao-mino.jpeg)
![](https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2022/05/carolina-iglesias.jpg)
![](https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2022/05/xacia-ceive-1.jpg)
Nunha mesa redonda en formato distendido na que se tratarán as diferentes realidades existentes, mostrando un concepto diverso e inclusivo, falando da orientación sexual así como da identidade de xénero, participarán:
Carolina Iglesias, cómica, guionista e youtuber galega, recoñecida no 2021 co Premio Marcela e Elisa polo seu traballo a favor dos dereitos LGTBI+, sendo a persoa máis nova en recibir este galardón, e gañadora dun Premio Ondas polo seu podcast ‘Estirando o chicle’.
Tamén acudirán a psicóloga María González Da Rivera; Noemí Díaz Vázquez, profesora lesbiana visible de Bioloxía e Xeoloxía, integrante da Rede Educativa de Apoio LGBTI+ de Galicia e colaboradora de diarios nacionais; Marta Herráiz, fundadora de LesWorking, a primeira rede profesional internacional para mulleres lesbianas e codirectora xeral de REDI, a rede empresarial pola diversidade e inclusión LGBTI en España; Luis Arean, xornalista e membro fundador do Grupo de Minorías Sexuais de Amnistía Internacional España, e Xácia Ceive, norteamericana transexual asentada en Galicia e creadora do proxecto Sete Outeiros.
![](https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2022/05/luisarean.jpg)
![](https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2022/05/mariaglez.jpg)
LEMBRA:
![](https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2022/05/martahierraz.jpg)
![](https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2022/05/noemidiaz.jpg)
![](https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2022/05/riquinadj.jpg)