Actividades mes de Maio, Centro Social Autoxestionado A Hedreira.
Sábado 7 ás 12 horas, charla debate sobre a situación actual e perspectivas de futuro do uso de tecnoloxías de recoñecemento persoal enfocado sobre todo á protesta social. Por Fran Pérez, colaborador do Salto Galiza.
A continuación obradoiro antirrecoñemento. Dende a ECA proponse un obradoiro inspirado na xoieira Ewa Novak, onde a través da reciclaxe e o poder creativo, crearanse pezas propias, que nos axuden a burlar a tecnoloxía do recoñecemento facial.
Sábado 21, mercadillo + sesión vermú. Tes roupa, libros, discos, etc. na casa que xa non utilizas e queres darlles unha segunda vida? Apúntate ao mercadillo de segunda man con sesión vermú. Se queres participar contacta a través de mercadillosegundaman@gmail.com (Data limite para apuntarse 16 de maio).
Martes 24 ás 20 horas, charla-debate: outas economías da Galiza, Bancos de Tempo, redes de troco e moedas sociais. Organiza o Banco do Tempo de Lugo.
Obradoiros de A Hedreira:
Bicicletas: taller de bicicletas para arranxar, combinar pezas, etc. Ferramentas colectivizadas.
K-Pop: grupo para aprender e practicar os bailes pertencentes a cancións de K-Pop.
Hacklab: tamén coñecido como hackspace ou hackerspace, é un sitio físico de encontro para coñecer, socializar e colaborar con xente con intereses en ciencia, en novas tecnoloxías, o mundo dixital ou electrónico.
Iniciación á costura para dummies: clases básicas de costura.
Impro asumible: grupo de teatro onde a clave son os xogos e o humor o método de expresar disconformidade. Adéstrase a asertividade e xogos propios de improvisación teatral. Foméntase o humor interseccional e facilitamos un espazo seguro onde loitar contra machismo, racismo, lgtbifobia ou outros sistemas de opresión
Ademais, A Hedreira está aberta de luns a venres de 19 a 21 horas.