Pasear por Lugo é pasear pola literatura galega e universal. A iniciativa de pintar polas beirarrúas citas literarias comezou no 2020 para celebrar o día das Letras Galegas.
As 50 citas de 27 autores renovaranse nos vindeiros días, e ampliáronse con novos textos de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado este ano polo 17 de maio
O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que a área de Cultura renovará durante estes días as citas «No ano 2020, debido á imposibilidade de organizar as actividades habituais, decidimos render homenaxe ás nosas escritoras e escritores máis destacados cunha serie de citas escollidas que se colocaron ao longo da cidade», explicou Rubén Arroxo.
O Tenente Alcalde anunciou que este ano “ampliamos as citas con novos textos de Florencio Deglado Gurriarán, autor homenaxeado este ano polo día das Letras Galegas”.
A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua distribuíu polas beirarrúas de Lugo 50 citas literarias de Rosalía de Castro, Castelao, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Antonio Noriega Varela, Luís Pimentel, Ramón Cabanillas, Antón Vilar Ponte, Rafael Dieste, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro, Uxío Novoneyra, Manuel Antonio, Leiras Pulpeiro, Lamas Carvajal, Francisca Herrera Garrido, Celso Emilio Ferreiro, Valentín Paz Andrade, Álvaro Cunqueiro, María Mariño Carou, Lois Pereiro, Roberto Vidal Bolaño, Díaz Castro, Manuel María, María Victoria Moreno, Carlos Casares e Carvalho Calero.