A Cidade de Lugo entregou esta mañá de mércores 30/11 a máxima distinción do Concello: as Medallas de Ouro.
Un galardón que este ano recaeu en dúas entidades culturais, a Sociedade Filarmónica e a Escola Ramón Falcón, ademáis do Campus Terra, institucións que teñen en común o seu bo facer e unha traxectoria impecable de complicidade coa cidade, da que son coñecedoras varias xeracións de lucenses.
Porén, se cabe, o recoñecemento máis especial foi para honrar a Dario Xohán Cabana, no cabo de ano do seu pasamento, unha das máis grandes figuras literarias galegas contemporáneas e un loitador infatigable a prol da cultura e da lingua galega.
A rexedora Lara Méndez fixo fincapé en que estes galardóns “son un xesto necesario que lles debemos a todos eles para intentar corresponder a súa entrega, xenerosidade e talento”, ao tempo que incidiu no que representa o traballo dos homenaxeados.
Fotografías de parte do evento:
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte