Ilustres da cultura lucense Medallas de Ouro da cidade: Sociedade Filarmónica, Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón e Darío Xohán Cabana, a título póstumo. Ademáis, Auxilia, e Campus Terra.

A Cidade de Lugo entregou esta mañá de mércores 30/11 a máxima distinción do Concello: as Medallas de Ouro.

Un galardón que este ano recaeu en dúas entidades culturais, a Sociedade Filarmónica e a Escola Ramón Falcón, ademáis do Campus Terra, institucións que teñen en común o seu bo facer e unha traxectoria impecable de complicidade coa cidade, da que son coñecedoras varias xeracións de lucenses.

Porén, se cabe, o recoñecemento máis especial foi para honrar a Dario Xohán Cabana, no cabo de ano do seu pasamento, unha das máis grandes figuras literarias galegas contemporáneas e un loitador infatigable a prol da cultura e da lingua galega.

A rexedora Lara Méndez fixo fincapé en que estes galardóns “son un xesto necesario que lles debemos a todos eles para intentar corresponder a súa entrega, xenerosidade e talento”, ao tempo que incidiu no que representa o traballo dos homenaxeados.

Fotografías de parte do evento: