A Vicepresidencia da Deputación de Lugo incrementa ata os 380.000 euros o orzamento destinado ás convocatorias de axudas para o tecido cultural de base.

A Xunta de Goberno provincial aprobou este venres 28/04 as bases destas liñas de axuda, unha destinada á organización de actividades de dinamización cultural, cun importe de 255.000 euros, e outra dirixida a financiar investimentos en instalacións e equipamento nos seus locais sociais, de 125.000 euros.

A vicepresidenta Maite Ferreiro sinalou que “con esta ampliación do orzamento, reforzamos o apoio ás asociacións culturais de base, na súa maioría colectivos pequenos que se sosteñen grazas á implicación desinteresada de persoas preocupadas pola cultural, pola lingua e o patrimonio e que cumpren un papel fundamental para garantír o acceso á actividade cultural en todo o territorio”.

As bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia a vindeira semana, abríndose daquela o prazo para facer as solicitudes.

elle-belga
Concerto nos xardíns da Deputación de Lugo.