Xuño 2018 Concello, Deputación, ALAS e ARELAS organizan para esta semana do 25 ao 30 de xuño unha completa programación de actividades para celebrar a diversidade: a semana do Orgullo LGTBIQA+, que este ano leva por lema Visibilizémonos, movémonos, empodeámonos.
As actividades comenzaron este luns mañá coa lectura dun manifesto e o izado da bandeira LGTBIQA+
Para os vindeiros días están programados os seguintes actividades gratuitas e para todos os públicos:
O martes 26 de xuño, ás 19:30 na Deputación de Lugo, terá lugar a presentación do libro 22 segundos, de Eva Mejuto. A continuación, haberá unha mesa redonda na que participarán a presidenta de ARELAS, Cristina Palacios, e Pablo San José, o primeiro menor trans en lograr o cambio legal de nome e sexo en Galicia.
O mércores 27 de xuño, ás 20:30 horas, a escritora luguesa María Reimóndez estará na Praza da Soidade para amenizar un espazo de Contacontos diversxs. Das 19:00 horas ás 21:00 horas, nos xardíns do Museo Provincial, celebrarase un obradoiro sobre diversidade sexual e photocall dirixido a familias e organizados pola Rede Museística da Provincia de Lugo. Neste obradoiro, no que intervirán a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e o director dos Museos Berazategui de Bos Aires, Leonardo Casado, traballarase, sobre todo, o concepto de identidade.
O xoves 28 de xuño, ás 19:00 horas, o membro da Selección Nacional de Waterpolo Víctor Gutiérrez participará nun faladoiro titulado Deporte profesional sen armarios. Dificultades e consecuencias. Será na Sala do Vello Cárcere. Ás 20:30 horas, o bailarín e coreógrafo lugués Juan Carlos Zahera será o encargado de ler o pregón no patio do Vello Cárcere. Ás 21:00 horas, sairá do patio do Vello Cárcere a manifestación do Orgullo HOLI-COLOR pola diversidade. Continuará o percorrido por Campo Castelo, rúa San Pedro, rúa Doutor Castro, Praza de Armañán, rúa Nova, rúa Bispo Basulto, Praza de Santa María, e remata no Templete da Praza Maior, onde se lanzarán os polvos coas cores da bandeira LGTBI. Para participar, recoméndase levar roupa cómoda e unha camiseta branca.
O venres 29 de xuño, no fondo da Praza Maior, baixo o lema Baile pola diversidade con orgullo, haberá unha exhibición e Masterclass de baile da man da Academia Star Dance, ás 20:30 horas. Se chovese, o espectáculo trasladaríase ao Mercado Municipal.
O sábado 30 de xuño, desde as 17:00 horas, haberá na Praza da Soidade un mercadiño solidario de entidades LGTBIQA+ e colectivos feministas. Os actos conmemorativos clausuraranse, tamén na Praza da Soidade, co concerto Son, sinto, vivo¡¡, que comezará ás 20:00 horas e estará presentado pola Señora Paca, que tamén interpretará unha peza. A noite musical continuará coas actuacións do grupo ourensano de Soul e Jazz Canela Cafuné, o grupo Las Supremas de Lugo, e Tanxugueiras
Dentro da programación de actividades para a semana do Orgullo LGTBIQA+ 2018, o Museo Provincial do Mar ofrece o obradoiro Diversxs dirixido a nenos de entre 4 e 14 anos. Terá lugar o sábado, 30 de xuño de 11:30 a 13:00 horas.