O xoves 19 Virtua Tennis ofrecerá un concerto no Coliving Artístico do Carme; mentres que o sábado 21, será a quenda dos DJs Galician Army nas Caldas do Miño.
Nesta edición de Caudal Fest, a música chegará a máis recunchos de Lugo. Os lucenses Virtua Tennis e Galician Army protagonizarán as dúas sesións vermú que terán lugar no marco da programación do Caudal Fest nas Caldas do Miño e o Coliving Artístico do Carme.
Así o avanzou a rexedora, Paula Alvarellos, quen lembrou que “con esta iniciativa buscamos incrementar o aproveitamento destes dous equipamentos municipais e que o festival contribúa, así, a dinamizar o conxunto da contorna fluvial”.
O xoves 19 de setembro, a banda local Virtua Tennis ofrecerá un directo no novo espazo cultural do Carme, no que mostrarán a súa gran aposta musical, na que combinan os ritmos rotos, con cadencias hip-hop e unha base instrumental na que se mesturan as guitarras e os sintetizadores.
Mentres que o sábado 21 de setembro, nas Caldas do Miño, situadas nas inmediacións do Pazo de Feiras e Congresos, o dúo de DJs Galician Army amenizará a sesión vermú con música electrónica.
O Caudal Fest 2024 terá lugar esa fin de semana. A edición deste ano contará con artistas de renome como Amaral, Mikel Izal, Viva Suecia, Arde Bogotá, entre outros.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte