Foto de Belén Cordero
Os foteiros de Viva Lugo, Adra Paixón e Belén Cordero, finalistas no certame Xuventude Crea de Fotografía Galicia 2018
Ademáis, outro lucense, David Vázquez, tamén foi finalista en fotografía e a Escola de Teatro Palimoco co seu grupo de rapaces e rapazas «Os Palimoquiños» quedaron finalistas en Xuventude Crea Teatro 2018

Novembro 2018 A nova revolución cultural que está a vivir Lugo chega tamén en forma de recoñecementos a artistas locais e grupos en certames de diversa índole: teatro, foto, artes plásticas, música etc etc … Nesta ocasión o grupo de teatro lucense Os Palimoquiños e os fotógrafos, tamén de Lugo,  David Vázquez e Adra Paixon e a fotógrafa Belén Cordero, veñen de quedar finalistas no Xuventude Crea, importante certame organizado pola Xunta de Galicia e que ten por obxectivo promover a carreira de xóvenes artistas. 

Na categoría de teatro chegaron á fase final seis obras, e entre elas temos a escola de teatro Palimoco coa obra “Así que pasen cinco anos” .  A tarde do venres 16/11 xóganse gañar ou non o certame nunha representación frente ao xurado.

Na categoría de fotografía chegaron á final 18 creadores e entre eles os tres lucenses mencionados, dous dos cales (Belén e Adra) son foteiros de Viva Lugo así que decir que estamos moi contentos é quedarnos cortos…xa sabedes o que decimos nas grandes noticias: GRAN OVACIÓN).

As súas fotografías pódense ver nunha exposición na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela xunto coa categoría de artes plásticas. Invitamos a todo o mundo a achegarse a disfrutar delas. 

Foto de David Vázquez
Foto de Adra Paixón