Carmen Basadre presentou a nova programación, dirixida a mozos e mozas de 14 a 35 anos, que arrincará o 4 de febreiro
Distintos talleres de cociña, inglés, pilates, zumba, ioga, un obradoiro de monólogos, capoeira, amigurumis ou a creación dunha web son algunhas das actividades da programación, que tamén inclúe 6 rutas e diversas sesións sobre nutrición
As persoas interesadas poden anotarse xa na Casa da Xuventude. O prazo de inscrición, que é diferente para cada actividade, pode consultarse en www.lugo.gal, no 010 ou nas propias instalacións municipais
Xaneiro 2019 A programación da Casa da Xuventude de Lugo, que se desenvolverá dende o 4 de febreiro ao 29 de xuño, está dirixida principalmente á mocidade de 14 a 35 anos.
As actividades son as seguintes:
• Na lareira-cociña de culler, luns de 19:00 a 21:00 horas, do 4 de febreiro ao 11 de marzo
• Elaboración de pan e empanadas, luns de 19:00 a 21:00 horas, os días 18, 25 e 26 de marzo, 1, 8, 15, 16 e 22 de abril
• Cociñando coma os romanos, luns de 19:00 a 21:00 horas, do 29 de abril ao 3 de xuño
• Creación de conservas caseiras, luns de 17:00 a 19 horas, do 1 de abril ao 13 de maio
• Coñece e educa a túa mascota, de 18:30 a 21:00 horas, do 25 de abril ao 16 de maio
• Inglés B2, sábados de 10:30 a 13:30 horas do 9 de febreiro ao 1 de xaneiro
• Inglés B1, martes e xoves de 19:30 a 21:00 horas, do 5 de ferbreiro ao 30 de maio
• Banco de idiomas, todos os sábados de 10:00 a 12:00 horas
• Lindy hop e vintage jazz, xoves de 19:00 a 20:30 horas, do 7 de febreiro ao 6 de xuño
• Pilates, luns de 20:00 a 21:00 horas, do 4 de febreiro ao 27 de maio
• Zumba, mércores de 19.30 a 30:30 horas, do 6 de febreiro ao 5 de maio
• Hipopresivos, xoves de 18:00 a 19:00 horas, do 7 de febreiro ao 6 de xuño
• Ioga, mércores de 20:30 a 21:30 horas, do 6 de febreiro ao 5 de xuño
• Risoterapia, mércores de 19:30 a 20:30 horas, do 6 de febreiro ao 5 de xuño
• Amiguruimis, luns de 19:00 a 21:00 horas, do 18 de febreiro ao 27 de maio
• Obradoiro de monólogos, luns de 17:00 a 19:00 horas, do 4 de febreiro ao 8 de abril
• Monitor de tempo libre, todos os fins de semana do 1 de marzo ao 18 de maio
• Creación web con wordpress, de 18:30 a 21:30 horas, os días 5, 6, 7, 11, 12, 13 e 14 de marzo
• Capoeira e interpretación ante a cámara, de 18:00 a 20:00 horas, o primeiro e terceiro venres de cada mes (capoeira) e o segundo e cuarto de cada mes, interpretación
Así mesmo, esta programación inclúe diversas sesións de nutrición baixo o nome Somos o que comemos, o primeiro e terceiro xoves de cada mes de febreiro a xuño. En febreiro tratarase sobre mitos alimentarios, en marzo sobre os superalimentos, en abril sobre o etiquetado nutricional, en maio sobre as dietas, e en xuño sobre alimentación diabéticos e celíacos. O horario é de 20:00 a 21:00 horas e hai 25 prazas para cada xornada.
Os plans tamén inclúen 6 rutas: a Pena Guímara o 9 de febreiro, á Ribeira Sacra o 23 de febreiro, ao Courel o 30 de marzo, a Valle de las Tejadas o 14 de abril, á Edreira (Serra de Queixa) o 11 de maio, e á Seimeira de Vilagosende o 29 de xuño.
A maiores, o Concello continúa ofertando asesorías xuvenís, gratuítas e confidencias, no terceiro andar do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. A xurídica é os luns e mércores, de 19.30 a 21:00 horas, e a psicolóxica, os martes e xoves, de 18:00 a 20:00 horas.
O Concello tamén pon a disposición para ensaios musicias A Casa da Música, no parque de Frigsa. Está aberta de martes a venres, de 17:00 a 22:00 horas.
Dentro das mesas redondas sobre xuventude que vén organizando os últimos meses o Concello, Carmen Basadre avanzou as dúas seguintes, que se celebrarán o 21 de febreiro, sobre Neoadiccións, a outra cara do xogo, xogos online e xogos de apostas, e outra o 27 de marzo sobre Xuventude, amor e sexualidade: as nosas relacións. Ambas as dúas serán no patio do Vello Cárcere, de 19:00 a 21:00 horas.