Carmen Basadre presentou a nova programación, dirixida á mocidade, que terá lugar, principalmente, na Casa da Xuventude, dende o 20 de setembro ao 27 de decembro,
Xoguetes con ganchillo, pilates, ioga, zumba, batucada, cociña ou preparación do first son algunhas das actividades da programación, que tamén inclúe unha viaxe ao Courel e outra aos Ancares, así como un día na neve en Leitariegos
As persoas interesadas poden inscribirse xa na Casa da Xuventude. O prazo de inscrición, que é diferente para cada actividade, pode consultarse en www.lugo.gal, no 010 ou nas propias instalacións municipais
A través do +Xtí, o Concello organiza unha xornada sen móbiles o 6 de setembro, na contorna dos Robles, e tres rutas fluviais en setembro, o día 8, ás Fragas do Eume, o 15, ás Cascadas do Ézaro e o 22; ao encoro de Belesar. As inscricións deben facerse no 010
AG 2018 A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, pon en marcha unha nova quenda de actividades que se desenvolverán dende o 20 de setembro ata o 27 de decembro. É unha programación dirixida principalmente á mocidade de 14 a 35 anos, que terá lugar, principalmente, na Casa da Xuventude, coa que o Goberno tenta proporcionar alternativas para o tempo de lecer dos mozos e mozas, ben sexan de tipo deportivo, educativo ou de habilidades.
As actividades son as seguintes:
• Lili Hop e Vintage Jazz -novidade-, xoves das 19:00 ás 20:30 horas, do 20 de setembro ao 27 de decembro.
• Cociña de outono: todos os luns, das 19:00 ás 21:00 horas, do 24 de setembro ao 29 de outubro.
• Amigurumis -novidade- (xoguetes feitos con ganchillo): os luns, das 19:00 ás 21:00 horas, do 24 de setembro ao 19 de novembro.
• Pilates: luns, das 20:00 ás 21:00 horas, do 24 de setembro ao 10 de decembro.
• Hipopresivos -novidade-: martes, das 20:00 ás 21:00 horas, do 25 de setembro ao 11 de decembro.
• Preparación First: martes e xoves, das 19:30 horas ás 21:00 horas, do 25 de setembro ao 13 de decembro.
• Preparación First Intensivo: sábados, das 10:30 ás 13:30 horas, do 29 de setembro ao 15 de decembro.
• Ioga: mércores, das 20:00 ás 21:00 horas, do 26 de setembro ao 12 de decembro.
• Zumba: venres, das 20:00 ás 21:00 horas, do 28 de setembro ao 14 de decembro.
• Batucada: sábados, de 10:30 a 13:30 horas, do 29 de setembro ao 15 de decembro. Esta actividade será na Casa da Música.
• A arte de contar historias -novidade-: do 15 ao 31 de outubro, das 19:00 ás 21:30 horas.
• Con sabor a Nadal (comidas e repostería do Nadal): os luns, das 19:00 ás 21:00 horas, dende o 5 de novembro ao 10 de decembro.
• Quedadas en idiomas -novidade-: todos os mécores dende as 17:00 ás 21:00 horas
INSCRICIÓN
Todas as persoas interesadas en participar xa poden inscribirse, nas propias instalacións da Casa da Xuventude. O prazo de inscrición, que é distinto para cada actividade, pode consultarse en www.lugo.gal, no 010, ou na propia Casa da Xuventude.
Así mesmo, esta programación tamén inclúe dúas rutas, unha o 20 de outubro aos Ancares e outra o 17 de novembro ao Courel. A inscrición destas actividades debe facerse a través do 010. A maiores, o Concello ten programado un Día Blanco, en Leitariegos, o 27 de decembro.
A maiores, do 26 ao 30 de novembro, decorarase a Casa da Xuventude para o Nadal. Están convidadas todas as persoas a participar e os e ás asitentes levarán un agasallo.
Xornada sen móbiles, Desafío experience
Carmen Basadre tamén deu a coñecer outra actividade pensada para os máis novos, neste caso enmarcada dentro da programación do +Xtí, subvencionada polo Plan Nacional de Drogas. Trátase dunha xornada sen móbiles, para vivir a experiencia de pasar 4 horas con diversas actividades sen estar pendente do móbil. Será o 6 de setembro, das 17:00 ás 21:00 horas, e o punto de encontro é nos Robles, xunto ao pantalán. Para realizar a inscrición nesta xornadada, que é de balde, é preciso chamar ao 010.
Roteiros fluviais
O +Xtí ofrecerá ao longo de setembro tres rutas fluviais. Serán o día 8, ás Fragas do Eume, cunha andaina pola mañá e xogos no campo de obstáculos pola tarde; o 15, ás Cascadas do Ézaro e o 22; ao encoro de Belesar. A saída é dende a Casa da Xuventude ás 08:00 horas os días 8 e 22, e ás 07:30 horas o día 15. As inscricións deben facerse a través do 010.