O San Froilán, que é unha festa que acolle a rúa e as prazas; arrincará o este 4 de outubro,xoves, ás 20:30 horas co pregón de Manuel Lombao. Despois actuarán Los Pelúdez, Los Gofiones, haberá pasarrúas, un concerto folk, noite sabinera…
O programa conta cunha ampla representación internacional, con artistas como Myles Sanko (inglés), Marky Ramone (americano) ou os grupos Fanfare Ciorcalia, de Rumanía, Pussy Riot, de Rusia, ou Nathy Peluso e Javiera Mena, de Latinoamérica
Especial protagonismo para os artistas locias e gran presenza do Camiño Primitivo
OUTUBRO 2018 Do 4 ao 12 de outubro, vestida de festa, Lugo volve adquirir un esplendor especial. Nestes días, as prazas, a xente, … todo está tinguido coa luz e coas cores especiais de outono, cores que marcan que Lugo está de patrón, que chega o San Froilán – web oficial – ; un pretexto para unhas festas nas que a cidade, sempre aberta, se volve máis aberta ca nunca.
Para elo, o Concello deseñou unha programación de 280 actos, co obxecto de satisfacer a todos os públicos. «Tradición, historia e cultura, conxugadas con modernidade e vangardismo», definen a esta cita, que nesta edición, e tras tres anos dedicando o día 11 de outubro a un dos Patrimonios Mundiais de Lugo, o Camiño Primitivo, se impulsa aínda máis, ofrecendo conferencias e andainas previas ao inicio dos festexos.
Esta edición, as festas patronais de Lugo teñen un programa de ampla representación internacional, con artistas como Myles Sanko (inglés), Marky Ramone (americano) ou os grupos Fanfare Ciorcalia, de Rumanía, Pussy Riot, de Rusia -que actuarán por primeira vez no escenario con Ramone-, ou Nathy Peluso e Javiera Mena, de Latinoamérica. Ademais, este é un San Froilán con especial protagonismo para os artistas de Lugo: coa presenza de máis de 20 grupos locais.
«Porque chega o San Froilán e invádenos a ansia de celebrar o que somos e o que fomos, o que queremos seguir sendo, os nosos costumes e a nosa identidade, a que nos fai ser diferentes aos demais e a que expresa o noso sentir», asegurou a Alcaldesa na presentación
O programa do San Froilán, cada vez máis completo e integrador, para que todos teñan a oportunidade de vivir a festa; tamén contempla este ano programación para os miúdos e miúdas, en concreto medio cento de actividades no patio do edificio administrativo do Concello; para os máis deportistas: unha vintena de citas de diversas modalidades e para os maiores, como vén sendo habitual unha verbena de tarde, o luns 8. No relacionado coa tradición, o San Froilán ten 5 días dedicados á cultura no Camiño, no Cantiño Nemesio Cobreros, con cada día dedicado a diversos oficios tradiconais; así como o Arte San Froilán (impulsado pola Deputación), ou a presentación dun número máis da colección dos Devanceiros: As festas Finiseculares, de Adolfo de Abel Vilela.
Pola súa banda, Carmen Basadre, que fixo un recoñecemento público ao personal traballador de cultura, puxo o acento neste San Froilán con máis programación dos últimos tempos, descentralizado por todos os recunchos e barrios da cidade, e con gran itinerancia de grupos. De feito contémplase a combinación de todos os tipos de música, tradicional, techo, rap, dance, hip-hop; «o que a foi diversa, e que se sexan unhas festas familiares». Como non podía ser doutro xeito, as verbenas tamén teñen oco na programación, con orquestras de gran presenza no ámbito festeiro de Galicia.