A Compañía de Teatro USC-Lugo sae de xira coa súa obra WK

WK-TeatroUSCLugo-vivalugo

ABRIL 2018 Unha das sensacións do recente Festival de Teatro Universitario de Lugo foi a obra WK da Compañía de Teatro da USC-Lugo. E non foi porque “xogaran” na casa, que todo axuda, pero a calidade da proposta escénica, narrativa e interpretativa é tal que non podía ser doutro xeito: sold out en cada función e gran ovación.

Seica o bo facer pasa de boca a orella e de rede en rede e non tardaron en chegar as propostas para ao final montar unha xira que, a día de hoxe, percorrerá as seguintes cidades:

  • 15 de abril Ourense
  • 16 de abril Vigo
  • 24 de abril Santiago
  • 30 de abril Toledo
  • 6 de maio León

Enxhi Toska, Adrián del Rio, Pablo Fernández, Soraya Comba, Elba Fernandez e Giovanni Peixoto, baixo a dirección de Paloma Lugilde, voltarán a correr polo escenario, falar ou calar… retorcerse de paixón, dor ou ledicia, nunha obra tan brutalmente física como emocional: sangre, sudor, e lágrimas, días de viño e rosas, luxuria e asasinatos dun home de baixa estofa que como mínimo, impacta e sorprende a partes iguais.