Fotoreportaxe: representación de “WK” da Compañía de Teatro USC-Lugo

Conten SPOILERS

MAR 2018 Domingo 18 do terceiro mes do ano 2018. Remata a semana e segue connosco un eco que non cesa: “Woyzeck, Woyzeck…Woyzeck”.  Recordos de Enxhi Toska, Adrián del Rio, Pablo Fernández, Soraya Comba, Elba Fernandez e Giovanni Peixoto correndo polo escenario, falando, calando… retorcéndose de paixón, dor ou ledicia; interprentando maxistralmente cada papel despois de mes e medio de duros ensaios.

Puntos de luz e sombras que se axigantan a cada paso …e outra vez “Woyzeck, Woyzeck …eh! Woyzech!” repetición, repetición, repetición…sangre, sudor,  e lágrimas, días de viño e rosas, luxuria e asasinatos dun home de baixa estofa nesta obra da Compañía de teatro da USC – Lugo que dirixe Paloma Lugilde e ven de estrearse estos días no Festival Internacional de Teatro Universitario de Lugo (edición 24… ahí é nada)

Privilexiados nos sentimos. Honrados de poder vivir a previa, o durante e a charla posterior no escenario do traballo dun Aula de Teatro Universitario que cuida ata o mínimo detalle das súas representación e é canteira de grandes actrices e actores. Velaquí algunhas fotos do vivido… se és unha das persoas privilexiadas que ten entrada para o luns 19 -están esgotadas-  non mires moito…non mires nada: deixate sorprender por WK.

O XXIV Festival de Teatro Universitario de Lugo continúa esta semana os días 19, 20 , 21: “As tres obras que tes que ver no Festival de Teatro Universitario de Lugo” e Microproxectos teatrais. Todo con entrada gratuita no Auditorio Gustavo Freire – ver programación e info completa –  

Unha iniciativa enmarcada dentro do Lugo Cultural, o convenio de colaboración da Deputación, Concello de Lugo e a USC.