Cine, moito cine en novembro en Lugo

Novembro 2018 Á oferta de cinema comercial nas multisalas de Lugo súmanse, este mes de novembro,  varios ciclos promovidos polo Cine Clube Valle Inclán, Afundación e unha tarde de proxeccións incríbles en formato Fulldrome (que consigue que estés dentro da peli) na Biblioteca Pública de Lugo. Nin máis e nin menos que 20 pelis casi todas de balde – ou casi – este mes en Lugo. Falamos cos nosos compañeiros do webzine lucense Celuloide Paranoide para que nos recomendaran moi brevemente 5 según a súa experiencia e sabiduría…e son:

” – Ida. Por ser un documento desgarrador de una época que no hay que olvidar.

 –  Yo, Daniel Blake. Porque el tándem Ken Loach-Paul Laverter es el referente del realismo social

 –  Estiu 1993. Es de degustación lenta, pausada, sin prisas. Nos gustó mucho…además entrevistamos a Carla Simón y tenemos un grato recuerdo de esta entrevista ya que se volcó en ella, muy amable, con ganas de responder a todo y dando mucha info…”

 –  La Flauta Mágica. Siempre hay que aprovechar la oportunidad de ver a Ingmar Bergman en pantalla grande.

 –  Soñadores. Por ser de Bernardo Bertolucci, y descubrirnos a Eva Green.” – Celuloide Paranoide – 

Martes 6 novembro, 20.00 h, Afundación

Yo, Daniel Blake (Daniel Blake)

Ken Loach, Reino Unido, 2016. 110 min. NRM 12 anos. VDE

ENTRADA: Gratuíta

Elenco. Dave Johns, Hayley Squires, Briana Shann, Dylan McKiernan, Kate Rutter,Sharon Percy, Kema Sikazwe, Steven Richens, Amanda Payne.

Por primeira vez na súa vida, Daniel Blake, carpinteiro inglés con problemas cardíacos, vese obrigado a deixar de traballar. Porén, a administración sanciónao se non busca emprego. Na procura del, coñece a Katie, solteira con dous fillos. Ambos intentarán axudarse mutuamente.

Premios. 2016: Festival de Cannes: Palma de Ouro // 2016: Premios BAFTA: Mellor filme británico. 5 nomeamentos // 2016: Premios Goya: Nomeada a Mellor película europea // 2016: Premios César: Mellor película estranxeira // 2016: Premios David di Donatello: Mellor filme da Unión Europea // 2016: Premios do Cine Europeo: 4 nomeamentos, incluíndo Mellor película // 2016: Festival de San Sebastián: Premio do público // 2016: British Independent Film Awards (BIFA): Mellor actor. 5 nomeamentos.

Mércores 7 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber

La fábrica de nada – VOSE –

Director: Pedro Pinho País: Portugal Ano: 2017
Xénero: Drama | Trabajo/empleo Duración: 178 minutos
Dirección de Fotografía: Vasco Viana
Montaxe: José Edgar Feldman, Luisa Homem, Cláudia Rita Oliveira
INTÉRPRETES: Carla Galvão, Dinis Gomes, Américo Silva, José Smith Vargas

SINOPSE:

Os traballadores dunha fábrica decátanse de que a administración está a subtraer materias e mais maquinaria e que preparan masivos despedimentos. Organízanse para evitar o peche da factoría. Filmada in situ con actores profesionais que se infiltran nun mecanismo máis propio da herdanza do cine documental, A Fábrica de Nada é unha das propostas máis renovadoras do cine social que se puideron ver en moito tempo.

PREMIOS: 2017: Festival de Cannes: Premio FIPRESCI – Quincena de realizadores 2017: Festival de Mar del Plata: Selección oficial longametrajes a concurso 2017: Premios Fénix: Mellor montaxe 2017: Festival de Sevilla: Giraldillo de Oro (Mellor película)

Sábado 10 novembro, 18.00 h, Afundación

El malvado zorro feroz (Le Grand Méchant Renard et autres contes)

Entrada libre hasta completar aforo

Francia, 2017. 80 min. Todos los públicos.

 

 

Sinopsis: 

Todo aquel que considere que a campiña é un lugar tranquilo e anódino, engánase, alí habitan animais moi particulares… un raposo que se cre un polo, un coello que fai de cegoña e un parrulo que quere ocupar o sitio de Papá Noel. Ven coñecer estes personaxes estrambóticos!

Premios. 2017: Premios Annie: Nomeada a mellor película independente, dirección e animación de personaxes // 2017: Premios César: Mellor filme de animación.

Luns 12 de Novembro / 19:30 /Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial

Maria by Calas – VOSE

Director: Tom Volf País: Francia Ano: 2017
Xénero: Documental | Música. Biográfico
Duración: 113 minutos
Dirección de Fotografía: Janice Jones
Música: Jean-Guy Veran
INTÉRPRETES: Documentary, Maria Calas

SINOPSE: Íntimo retrato da vida e o traballo da cantante de ópera Maria Calas. “Gustaríame ser sempre María, pero está a Callas, da que debo estar á altura”, a propia María Calas (1923-1977) era moi consciente da súa relación entre a súa persoa e a súa lenda. Este documental, narrado por Fanny Ardant, reúne un valioso material de arquivo sobre a inmortal cantante de ópera con gravacións inéditas, fotografías nunca vistas, vídeos persoais, cartas privadas e a presenza dos mellores amigos e colegas da cantante, entre eles Vittorio de Sica, Aristóteles Onassis, Pier Paolo Pasolini, Omar Sharif, Luchino Visconti, Grace Kelly, Liz Taylor, Marilyn Monroe, Alain Delon, Yves Saint Laurent, J. F. Kennedy e Winston Churchill, entre outros. 

Martes 13 novembro, 20.00 h, Afundación

Ida (Ida. Sister of Mercy) – VDE –

ENTRADA: Gratuíta

Pawel Pawlikowski, Polonia, 2013. 82 min. NRM 7 anos. 

Elenco: Agata Kulesza, Agata Trzebuchowska, Joanna Kulig, Dawid Ogrodnik, Jerzy Trela, Adam Szyszkowski, Artur Janusiak, Halina Skoczynska, Mariusz Jakus.

Polonia nos anos 60. Anna, unha moza orfa a punto de se facer monxa, descobre a unha parente viva, unha tía que non quixo facerse cargo dela cando era nena. A nai superiora obriga a Anna a visitala antes de tomar os hábitos. A tía, unha xuíza desencantada e alcohólica, desvélalle a súa verdadeira identidade. O seu nome real é Ida Lebenstein, é xudía e a súa familia foi asasinada da man do réxime nazi.

Premios. 2014: Óscar: Mellor película de fala non inglesa. Nomeada a Mellor fotografía // 2014: 5 Premios do Cine Europeo, incluíndo Mellor película, director e guión // 2014: Globos de Ouro: Nomeada a Mellor película de fala non inglesa // 2014: Premios BAFTA: Mellor película de fala non inglesa // 2014: Premios Goya: Mellor película europea // 2014: Premios Guldbagge: Nomeada a Mellor película estranxeira // 2014: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor película estranxeira // 2014: Críticos de Los Angeles: Mellor filme estranxeiro e actriz sec. (Kulesza) // 2014: Premios Independent Spirit: Mellor película estranxeira // 2014: Satellite Awards: Nomeada a Mellor película estranxeira // 2014: Critics Choice Awards: Nomeada a Mellor película de fala non inglesa // 2014: Asociación de Críticos de Chicago: 4 nom. incluíndo Mellor película estranxeira // 2013: Premios David di Donatello: Nomeada a Mellor película europea // 2013: Festival de Toronto: Premio FIPRESCI (Special Presentations) // 2013: Festival de Xixón: Mellor película, actriz (Kulesza), guión, dir. artística // 2013: Festival de Londres: Mellor película // 2013: Festival de Varsovia: Mellor película // 2014: British Independent Film Awards (BIFA): Nom. mellor película intern. independente // 2014: Premios Gaudí: Nomeada a Mellor película europea.

Martes 13 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial

The Rider – VOSE

Director: Chloé Zhao País: Estados Unidos
Ano: 2017
Xénero: Drama | Cabalos. Cinema independente USA. Vida rural (América do Norte)
Duración: 104 minutos
Guión: Chloé Zhao
Dirección de Fotografía: Joshua James Richards
Música: Nathan Halpern
INTÉRPRETES: rady Jandreau, Tim Jandreau, Lilly Jandreau, Cat Clifford, Terri Dawn Pourier, Lane Scott, Tanner Langdeau, James Calhoon, Derrick Janis

SINOPSE:

Brady, que foi unha das estrelas do rodeo e un talentoso adestrador de cabalos, sofre un accidente que lle incapacita para volver montar. Cando volve a casa dáse conta de que o único que quere facer é montar dacabalo e participar en rodeos, o que lle frustra bastante. Nun intento por retomar o control da súa vida, Brady emprende unha viaxe en busca dunha nova identidade e do significado do que é ser un home no corazón de América.

PREMIOS: 2018: Premios Gotham: Nomeada a mellor película 2017: Festival de Cannes: Art Cinema Award: Gañador Quincena de Realizadores 2017: Seminci de Valladolid: Espiga de prata, Mellor novo director e actor ( Jandreau) 2017: Premios Independent Spirit: 4 nomin. incluíndo mellor película e director

Todos os trailers nesta lista de reproducción:

 Mércores 14 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber

O león dorme esta noite – VOSG-

Director: Nobuhiro Suwa País: Francia, Xapón Ano: 2017
Xénero: Drama | Cine dentro del cine
Duración: 103 minutos
Guión: Nobuhiro Suwa
Dirección de Fotografía: Tom Harari
Música: Olivier Marguerit
INTÉRPRETES: Jean-Pierre Léaud, Pauline Etienne, Maud Wyler, Arthur Harari, Isabelle Weingarten, Noë Sampy, Jean-Louis Berard

SINOPSE: Jean, un nomeado actor de cine, é convocado a unha rodaxe no sur de Francia, moi preto da casa en que coñeceu na súa xuventude a Juliette, o grande amor da súa vida. Durante un descanso, aproveita para visitar unha amiga e percorrer os espazos de antano. Un grupo de nenos interrompe de súpeto a nostalxia que o axexa: preparan un filme de terror nas súas vacacións e comezan a perseguilo porque queren que Jean o protagonice. Este encontro, entre o que fora protagonista de Los 400 golpes e os seus rebuldeiros sucesores, desencadea un conto fantástico inesperado e revelador bañado polo toque oriental característico do seu autor.

PREMIOS: 2017: Festival de San Sebastián: Sección oficial

Xoves 15 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial

Matar a Jesús


Director: Laura Moura País: Colombia Ano: 2017
Xénero: Drama. Thriller | Baseado en feitos reais
Duración: 95 minutos
Produtores: Diego Ramírez, Alex Zito, Juan Pablo García, Ignacio Rey, Simpática Zimmerman
Produción: 64-A Films – AZ Films
Guión: Laura Moura – Alonso Torres
Dirección de Fotografía: James Brown
INTÉRPRETES: Natasha Jaramillo, Giovanny Rodríguez, Carmenza Cossio, Camilo Escobar, Juan Pablo Trujillo, José David Medina, Jairo Pinzón, Juan Camilo Cardenas e os mozos de ”Ao azoute noroccidental”.

SINOPSE: Paula, unha nova estudante de 22 anos, presencia o asasinato do seu adorado pai, un popular profesor de ciencias políticas dunha universidade pública da cidade de Medellín. Desde a distancia, logra ver ao asasino mentres se afasta a toda velocidade nunha motocicleta. Devastados pola dor tras os feitos, Paula e a súa familia terán que enfrontar a indolencia oficial. As autoridades non farán ningún esforzo por esclarecer o ocorrido e o caso pronto quedará arquivado e suspendido. Á chegada do Nadal, un par de meses despois do asasinato, Paula de maneira accidental cruzarase con Jesús, o mozo asasino do seu pai. Que pasa entón cando a vinganza preséntase como unha posibilidade real? Paula decide achegarse a este home, inicialmente motivada por un instinto case primitivo de atopar respostas e eventualmente de ser capaz de cruzar a liña moral e ética de matar a un home e así vingar a morte do seu pai. VOE

PREMIOS: 2017: Festival de San Sebastián: Premio da Mocidade 2017: Festival da Habana: Premio Coral Especial do Xurado (Ópera Prima) 2018: Premios Fénix: Nomeada a mellor dirección e guion 2018: Premios Macondo: 11 nomeamentos incluíndo mellor película e director

Venres 16 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial

Your Name


Director: Makoto Shinkai País: Japón Ano: 2016
Xénero: nimación. Drama. Ciencia ficción. Romance | Drama romántico. Historias cruzadas
Duración: 106 minutos
Produción: CoMix Wave Films Guión: Makoto Shinkai Dirección de Fotografía: Animation, Makoto Shinkai
Música: Radwimps

SINOPSE: Mitsuha é unha estudante que se lamenta da súa vida no campo xunto á súa irmá pequena, a súa avoa e o seu pai, un político ao que nunca ve. Detesta os pintorescos costumes da súa familia e soña co marabilloso estilo de vida dos habitantes de Tokio. Pola súa banda , Taki é un estudante que vive en Tokio, ten un traballo a tempo parcial nun restaurante italiano e necesita afastarse da súa familia. Unha noite, Mitsuha soña que é un mozo de Tokio e Taki soña que é unha moza que vive no campo. Cal é o segredo que se oculta tras os soños de dúas persoas que sen coñecerse de nada, parecen buscarse desesperadamente? VOSE

PREMIOS: 2016: Premios Annie: Nominada a mellor director e film independente 2016: Festival de Sitges: Mellor film de animación 2016: Críticos de Los Angeles: Mejll film de animación 2016: SatelliteAwards: Nominada a Mellor lorgametraje de animación 2016: London Film Festival: Nominada a Mellor película 2017: Asociación de Críticos de Chicago: Nominada a Mellor film de animación

Sábado 17 novembro, 18.00 h, Afundación

Del revés (Inside Out)

Entrada libre hasta completar aforo

 

Pete Docter, Ronnie Del Carmen, Estados Unidos, 2015. 94 min. Todos os públicos.

Guión. Pete Docter, Meg LeFauve, Josh Cooley (Historia: Pete Docter, Ronnie Del Carmen) // Música. Michael Giacchino // Fotografía. Animation // Produtora. Pixar Animation Studios / Walt Disney Pictures

Sinopse. Riley é unha rapaza que goza ou sofre toda clase de emocións. Aínda que a súa vida estivo marcada pola ledicia, non entende moi ben por que tamén sente tristeza. Varios acontecementos fan que eses dous sentimentos se mesturen nunha perigosa aventura que dará un xiro á súa vida…

Premios. 2015: Óscar: mellor filme de animación. Nomeada a mellor guión orixinal // 2015: Premios Annie: 10 premios, incluíndo Mellor película e dirección // 2015: Premios BAFTA: Mellor filme animado // 2015: Festival de Cannes: Sección oficial longametraxes (fóra de concurso) // 2015: Globos de Ouro: Mellor filme de animación 2015: Premios David di Donatello: Nomeado a mellor filme estranxeiro.

Martes 20 de novembro, 20.00 h , Afundación – VDE  –

Verano 1993 (Estiu 1993)

Todos os públicos. ENTRADA: Gratuíta

Carla Simón, España, 2017. 97 min. Elenco: Laia Artigas, Bruna Cusí, David Verdaguer, María Paula Robles, Paula Blanco, Etna Campillo

Frida (Laia Artigas) é unha nena de seis anos adoptada tras a morte da súa nai. Afronta o primeiro verán da súa vida coa familia adoptiva, afastada de todo aquilo que coñecía. No medio do campo debe adaptarse á nova vida e ás novas persoas que a acompañan.

Premios. Seleccionada por España para os Óscar 2018 // 2017: Premios Goya: Mellor dirección novel, actor sec. e actriz rev. 8 nomeamentos // 2017: Festival de Berlín: Mellor ópera prima, Gran Premio do Xur. Int. (Secc. Gen. KPlus) // 2017: Premios do Cine Europeo: Nomeada ao Premio Discovery (Mellor ópera prima) // 2017: Festival de Málaga: Biznaga de ouro, Premio Feroz da crítica // 2017: Premios Fénix: Mellor guión. 5 nomeamentos // 2017: Premios Feroz: Mellor película dramática, dirección, guión e actor sec. // 2017: Premios Gaudí: 5 premios, inc. Mellor película, dirección e guión. 14 nomeamentos //

Mércores 21 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber

La flauta mágica – VOSE –

Director: Ingmar Bergman Ano: 1975
Xénero: Drama. Musical | Telefilm
Duración: 135 minutos
Guión: Ingmar Bergman, Emanuel Schikaneder
Dirección de Fotografía: Sven Nykvist
Montaxe: Siv Lundgren
Música: Wolfgang Amadeus Mozart
INTÉRPRETES: Josef Kostlinger, Irma Urrila, Hakan Hagegard, Elisabeth Erikson, Jane Darling

SINOPSE: Adaptación para a televisión da famosa ópera de Wolfgang Amadeus Mozart, onde o valoroso Tamino intenta rescatar a princesa Pamina do cativerio ao que a ten sometida Sarastro.

Venres 23 de novembro na Biblioteca Pública de Lugo (Ramón Ferreiro)

Proxección das películas “Topos ¿Qué hay ahí fuera?”, “Polaris, el submarino espacial y el misterio de la noche polar” e “Climate Change: what future are we facing?” realizadas en formato FullDome

O formato FullDome é un sistema propio dos sistemas de proxección dos planetarios, que consiste na proxeción con deformación xeodésica dentro dunha estructura de domo, e así consegue unha sensación de inmersión na película.

Un dos soños de educadores, creadores e publicistas é xerar ilusións nas que tanto o alumnado como o espectador se mergullen ata tal punto que non sexan capaces de distinguir se o que están vivindo é realidade ou fición. O FullDome consegue este espectacular efecto.

Haberá tres sesións:

Ás 17:30 para nen@s de 3 a 7 anos – “Topos ¿Qué hay ahí fuera?”

Ás 18:30 para nen@s de 8 a 10 anos – “Polaris, el submarino espacial y el misterio de la noche polar” 

Ás 19:30 para rapaces de máis de 10 anos – “Climate Change: what future are we facing?”

Inscripción aberta a partir do luns 19 no mostrador da sala infantil (25 prazas por sesión)

Actividade gratuíta

Venres 23 de Novembro. Hora: 19:30 Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial

Thank You for the Rain – VOSE –

Director: Julia Dahr País: Noruega Ano: 2017
Xénero: Documental | Vida rural. África
Duración: 90 minutos
Produción: Coprodución Norueguesa-Reino Unido; Differ Media / Banyak Films

SINOPSE: Kisilu Musya, un granxeiro kenyano, leva catro anos gravando a vida da súa familia, o seu pobo e os efectos devastadores do cambio climático sobre a súa terra. Cando o seu fogar é destruído por unha tormenta, o realizador autodidacta organiza un movemento comunitario de agricultores que loitan contra os impactos do clima extremo. Kisilu logra chegar lonxe coa súa loita -ata Oslo e os círculos de decisión do cume do cambio climático de París-, pero canto máis penetra no mundo da política global, máis resistencia, burocracia e arrogancia atopa. Esta é a cativadora e inspiradora historia dun optimista infatigable, que pon a proba os seus límites contra toda adversidade na súa loita pola xustiza climática. 

La vida de calabacín (Ma Vie De Courgette)

 24 novembro, 18.00 h – Afundación

 
Entrada libre hasta completar aforo
 

 Claude Barras, Suíza, 2016. 60 min. A partir de 6 anos.

 Coprodución. Suíza-Francia

Sinopse. Calabacín é un neno afouto que despois de perder a súa nai ten que entrar nun fogar de acollida con máis rapaces orfos. Ao primeiro ten que esforzarse por atopar o seu lugar, porén, coa axuda das novas amizades, aprende a confiar e atopa o verdadeiro amor nunha nova familia.

Premios. 2016 Óscar: Nomeada a Mellor película de animación // 2016: Globos de Ouro: Nomeada a Mellor película de animación // 2016: Premios César: Mellor filme de animación e guión adaptado // 2016: Premios Annie: Nomeada a mellor director, filme independente e guión // 2016: Festival de Annecy: Mellor película e Premio do público // 2016: Festival de Donostia: Premio do público – mellor filme europeo.

Martes  27 novembro, 20.00 h, Afundación

Mustang – VDE –

ENTRADA: Gratuíta

Deniz Gamze Ergüven, Francia, 2015. 97 min. NRM 7 anos. 

 

Elenco. Günes Sensoy, Doga Zeynep Doguslu, Tugba Sunguroglu, Elit Iscan, Ilayda Akdogan, Nihal G. Koldas, Ayberk Pekcan.

Tras un inocente xogo na praia canda os seus compañeiros de clase ao comezo do verán, a vida de cinco irmás orfas dunha pequena vila turca cambia radicalmente. A avoa e o tío, desgustados pola suposta inmoralidade dos seus actos, deciden tomar medidas para garantir a virxindade das rapazas e empurralas cara ao matrimonio.

Premios. 2015: Premios Óscar: Nomeada a Mellor película de fala non inglesa // 2015: Globos de Ouro: Nomeada a Mellor película de fala non inglesa // 2016: Premios BAFTA: Nomeada a Mellor película en fala non inglesa // 2015: 4 Premios César: Mellor ópera prima, guión, montaxe e bso. 9 nom. // 2015: Premios do Cine Europeo: Premio Discovery (mellor ópera prima) // 2015: Premios Goya: Mellor película europea.

Mércores 28 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber

Soñadores – VOSE –

Director: Bernardo Bertolucci País: Francia, Italia, Reino Unido Ano: 2003
Xénero: Drama | Años 60. Adolescencia. Erótico
Duración: 120 minutos
INTÉRPRETES: Michael Pitt, Louis Garrel, Eva Green, Robin Renucci, Anna Chancellor, Florian Cadiou

SINOPSE: París, 1968. Nunha manifestación de protesta, un estudante americano, Matthew (Michael Pitt) coñece a obsesa do cine Isabelle (Eva Green) e ao seu irmán xemelgo, Theo (Louis Garrel). Cando os seus bohemios pais deixan París para ir pasar o verán fóra, os xemelgos convidan a Matthew a quedar con eles na casa. Mentres fóra estala a revolución, os tres mozos fican no seu confortable piso xogando a decadentes xogos sexuais. Adaptado da novela The Holy Innocents: A Romance, de Gilbert Adair

 

PREMIOS: 2004: Premios del Cine Europeo: 2 nominacións Premios do público 2003: Premios David di Donatello: Nominada Mellor montaxe

Venres 30 de Novembro. Hora: 19:30 / Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial

Les chevaux de Dieu – VOSE –


Director: Nabil Ayouch
País: Marrocos
Ano: 2012
Xénero: Drama | Terrorismo
Duración: 113 minutos
Produción: Les films du nouveau monde
Guión: Jamal Belmahi, Mahi Binebine
Dirección de Fotografía: Hichame Alaouie
Música: Malvina Meinier
INTÉRPRETES: Abdelhakim Rachid Abdelilah Rachid, Hamza Souidek, Ahmed El Idrissi El Armani

SINOPSE: Yachine ten dez anos e vive coa súa familia en Sidi Moumen, un poboado de chabolas de Casabranca. A súa nai, Yemma, fai o que pode por sacar adiante á familia. O seu pai atópase nun estado depresivo e dos seus tres irmáns un está no exército, outro é practicamente autista e o terceiro, que ten trece anos e se chama Hamid, é o xefe do barrio e o protector de Yachine. Cando Hamid é encarcerado, Yachine ocúpase de varios traballos que lle axudan a escapar do marasmo provocado pola violencia, a miseria e a drogadicción que o rodean. Cando Hamid sae do nun islamita radical e convence a Yachine e aos seus amigos para que se unan aos seus “irmáns”. O líder espiritual do grupo, o imán Abou Zoubeir, encárgase de dirixir o prolongado adestramento físico e mental dos raparigos, antes de anunciarlles que foron elixidos para converterse en mártires. Inspirada nos atentados terroristas que tiveron lugar o 16 de maio de 2003 en Casabranca.