A exposición Irán, París, Lugo, da fotógrafa iraní exhiliada en París, Niloufar Banisadr está composta por tres series inéditas de fotografías, un total de 35, que por primeira vez se expoñen todas xuntas. A obra reflicte o conflito entre a liberdade e a censura e suxire  unha loita sutil, unha loita para desfacerse dos grilletes da tradición.

É unha mostra autobiográfica na que Niloufar Banisadr amosa a historia, os sentimentos a as contradicións entre a cultura iráni e a francesa, entre oriente e occidente, amosando, a través dunha apariencia provocativa, a dualidade da súa mente e entre dúas apariencias impostas.
 

A mostra, que é de acceso gratuíto, poderase visitar todos os días da semana ata o 29 de abril, en xornada de mañá, de 11:00 a 14:00 horas os luns, e en xornada de tarde, de 17:30 a 20:30 horas os martes, mércores e domingos; de 17:30 a 23:00 horas os xoves e venres, e de 17:30 a 22:30 horas os sábados.

A mostra está promovida pola galería luguesa About Art,  xunto cunha galería francesa, Belechasse París & Miami, e Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua de Lugo.