Foto LDO 1

Maio 2018 – Son uns dos máximos exponentes da maxia do canto coral, o coro «El León de Oro» dará un concerto no Círculo das Artes o Sábado, 5 de maio a partir das 20:00 h. co programa: Italia & España «A Idade de Ouro»: Obras de Giovanni Pierluigi da Palestrina, Claudio Monteverdi e Tomás Luis de Victoria. 

Cumpridos os 20 anos como formación, e tras 50 premios nacionais e internacionais, El León de Oro, segue tendo como principal aspiración  a procura da beleza sonora, experimentar a pureza da polifonía e a comunidade que xurde do canto conxunto, favorecendo a calidade en detrimento da cantidade. 

LDO ofreceu concertos a capela en destacados festivais españois, diversos países europeos, Estados Unidos de América e África, e mantén tamén unha continua colaboración con importantes orquestras do noso país, como a Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias, a Oviedo Filarmonía, a Orquestra Sinfónica de Bilbao e o grupo Forma Antiqva, con quen levou a cabo programas como o Magnificat de J. S. Bach, o Requiem de Fauré, o Requiem de Mozart, a Novena Sinfonía de Beethoven, as Paixóns segundo San Xoán e San Mateo de J. S. Bach ou Dafnis e Cloe de Ravel, entre outros.

En España, nos últimos anos, foi invitado ao festival Musika-Música, Semana de Música Relixiosa de Cuenca, cun concerto propio e outro colaborando con The Tallis Scholars baixo a dirección de Peter Phillips, Festival de Música Antiga de Logroño, Festival Internacional Arte Sacro en Madrid ou Bilbao Arte Sacro.

Non podemos deixar de destacar o grande éxito que LDO colleitou na London International A Cappella Choir Competition en 2014, co programa Road to London, onde obtivo o primeiro premio desbancando a agrupacións corais de todo o mundo.

A tempada 2017-2018 está sendo fabulosa para LDO: ademais deste concerto no Círculo das Artes de Lugo, participou en Bilbao Arte Sacro, ofrece dous concertos en coprodución co Centro Nacional de Difusión Musical en Oviedo e León, e interpretou a Misa da Coroación de Mozart coa Orquestra do Mozarteum de Salzburgo, dirixidos por Leopold Hage

Cartel 678

Marco Antonio García de Paz – director – 

É titulado superior en Violín e Música de Cámara polo Conservatorio Superior de Música do Principado de Asturias e en Dirección polo Centro Superior de Música do País Vasco, Musikene. Actualmente desenvolve o seu traballo como docente no Conservatorio Superior de Música do Principado de Asturias, CONSMUPA, onde ensina música de cámara, coro e técnicas de dirección.

Iniciouse na música coral na Escolanía de Covadonga (Asturias), proseguiu os seus estudos na Schola Cantorum da Catedral de León e formouse como director coral nos cursos da Federación do País Vasco co mestre J. Duijck.Completou os seus estudos de dirección coral con G. Baltés no Centro Superior de Música do País Vasco, Musikene. Outras personalidades fundamentais na súa formación foron J. Busto e P. Phillips entre outros.

É director-fundador do coro El León de Oro de Luanco (LDO), co que actuou por toda España e en países como Francia, Marrocos, Italia, Suecia, Eslovenia, Bulgaria, Bélxica, Inglaterra ou Estados Unidos de América. Conseguiu numerosos premios en importantes certames como Maasmechelen, Arezzo, Maribor ou Londres. Proclamouse en dúas ocasións gañador do Gran Premio Nacional de Canto Coral, nas súas edicións de 2003 e 2006. Colabora asiduamente con figuras tan destacadas como Peter Phillips e os Tallis Scholars.

Como director, recibiu o premio ao mellor director no XXVIII Concurso Coral Internacional Profesor Georgi Dimitrov, celebrado en Varna (Bulgaria) en 2005 e no IX Internationale Koorwedstrijd van Vlaanderen – Maasmechelen(Bélxica) en 2007.

Promove: Sociedad Filarmónica de Lugo