Programación do Festival de Jazz de Lugo 2018

Novembro 2018 Chega a  XXVIII edición do  Festival de Jazz de Lugo, festival que organiza a Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, e que terá lugar do 10 ao 18 de novembro nos seguintes lugares da cidade: Círculo das Artes, o Club Clavicembalo, a Casa do Saber e o Bar Ho! Gruf. As entradas se poden mercar na plataforma online notikumi, na caseta do Festival (Praza Maior, fronte ao Círculo das Artes) e no caso dos concertos do Clavi na mesma sala. Os precios oscilan entre os 5 euros por concerto e os 70 euros do abono xeral con descontos para estudiantes. Concertos no Ho! Gruf,  Casa do Saber e Vello Cárcere: Entrada gratuíta ata esgotar localidades.

O programa é o seguinte:

Círculo das artes

 A entrada a todos os concertos é de 12 euros.

– O domingo 11 ás 20:30 horas, no escenario 1906, terá lugar o concerto do saxofonista Antonio Lizana.

– O luns 12 ás 21:30 horas, no escenario 1906, actuarán Nani García Trio e a Banda Municipal da Coruña.

– O martes 13 ás 20:30 horas, no escenario 1906, terá lugar o concerto de Charles McPherson Quartet.

– O mércores 14 ás 20:30 horas, no escenario 1906, actuará o David Murray Quartet.

– O xoves 15 ás 20:30 horas, no escenario 1906, terá lugar o concerto do trompetista Fabrizio Bosso Special Quintet.

– O venres 16, ás 20:30 horas, no escenario 1906, actuará o grupo de Gilad Hekselman Zuperoctave, con Aaron Parks & Kendrick Scott.

– O sábado 17, ás 20:30 horas, no escenario 1906, terá lugar o concerto do grupo Yellowjackets.

– O domingo 18, ás 20:30 horas, no escenario 1906, actuará a pianista, vocalista e compositora Sarah McKenzie.

Club Clavicembalo

– O sábado 10 ás 23:45 horas, terá lugar o concerto de Marcos Pin e Pablo Castaño, coa súa Jazz Orchestra. Entrada: 10 euros.

– O luns 12 ás 23:30 horas, actuará o David Regueiro Trio. Entrada: 5 euros.

– O martes 13 ás 23:30 horas terá lugar o concerto de Javier Navas Quartet. Entrada: 5 euros.

– O mércores 14 ás 23:30 horas actuará o cuarteto de Moisés P. Sánchez. Entrada: 5 euros.

– O xoves 15 ás 23:30 horas, terá lugar o concerto de Natanael Ramos Quintet. Entrada: 5 euros.

– O venres 16 ás 23:30 horas, actuará o Juyma Estévez Trío; e ás 23:55 horas, será o turno de Albert Cirera y els Tres Tambors. A entrada para os dous concertos é de 10 euros.

– O sábado 17 ás 23:30 terá lugar o concerto da Kike Mora Band, que interpretará temas de Marcus Miller. Ás 23:55 horas será o turno de Saxophobia Funk Project. A entrada para os dous concertos é de 10 euros.

Casa do Saber do Campus Terra da USC.

– O luns 12 ás 20:00 horas actuará o Eva Fernández Trio. A entrada é libre ata esgotar as localidades.

Ho! Gruf 

A entrada a todas as actividades é libre ata completar aforo.

– O mércores 14 ás 18:00 horas, terá lugar a proxección do documental Keep´on keepin´on, sobre a vida de Clark Terry.

– O xoves 15 ás 18:00 horas, proxéctase o documental I call him Morgan, sobre a vida do trompetista Lee Morgan.

– O venres 16 ás 22:00 horas, haberá unha jazz session a cargo de Sr.Blas.

– O sábado 17 ás 13:30 horas, terá lugar unha sesión vermú coa actuación de Nastasia Zürcher. Ás 22:00 horas, haberá unha jazz session a cargo de Sr. Blas.