Outubro 2018 Iván Mouronte tiña unha sorpresa para todos: unha ilustración final do San Froilán 2018 que engloba todas as que veu facendo desde o principio deste arquivo dixital das festas: Viva o San Froilán!

Se todo comenzou cunha bota ilustrada, á que seguiu a aparición do xabarín e familia nas festas, a «rosca» como premio estrela nas barracas do recinto feiral, Nathy Peluso como mellor concerto e un especila artesanía e tradición… agora remata nesta espectacular ilustración  con, polo menos, un par de novedades que no imos descubrir nós. 

IVÁN MOURONTE

Ilustrador e animador que acepta encargos desde xa 😉 

Contacto:

Facebook 

Web oficial

Un pouco de CV:

lustrador, animador e artista conceptual en videoxogos como Battle Of Puppets, World Of Popus ou YumYumBoy de Smallwonders

Ilustracións para carteis (Arde Lucus 2012, Festival de Jazz de Lugo 2017) e para artigos no xornal El Progreso de Lugo e actualmente na revista El Notario del siglo XXI.

Curtametraxes de stop motion e animación 2D (Polo sen cabeza, Merry Xmas Mr Olsen, Sopa de Tartaruga)

Creación de vídeos animados promocionais ou explicativos (Linknovate, Hola Portal).

Autor de banda deseñada, con proxectos persoais como “Grum!” ou “Materia de colorenchos”, debuxa, a finais do 2015, as páxinas de “Compostela, camiño de pedra”, con guión de Carlos Blanco e Paco Abelleira (Turismo de Santiago de Compostela).