Viva o San Froilán! Fotografías do luns 8

Outubro 2018 Este proxecto de fotografía documental e ilustración para crear un arquivo dixital con valor histórico das nosas festas segue a bó ritmo. O luns tocou visitar a carpa de “Cultura e Tradición no Camiño” a cargo de Traxandaina no Cantiño Nemesio Cobreros (ao lado de O Vello Cárcere), logo ir bailar e fotografiar aos maiores (era o seu día nas festas) na sesión de tarde coa orquestra Breixa Band na Pza. Maior ademáis de “Os Pelúdez entre nós”. Xa pola noite: concerto de Adrián Vigo na Pza. de Santa María. E como non, como sempre, algunhas estampas das festas: