Lugo acollerá o movemento feminista o 3M

– O Concello de Lugo orgulloso de acoller a manifestación unitaria promovida por Galegas 8MPlataforma Feminista Lugo e asociacións, plataformos e foros que conforman o movemento feminista
– O Concello de Lugo creou o slogan: «Mulleres con forza» para amosar, a través da fortaleza da Muralla, as fortalezas das mulleres.
– A manifestación feminina unitaria celebraráse na cidade o vindeiro 3 de marzo e está organizada e convocada polo movemento feminista, libre de partidos, consignas e patriarcado baixo o lema: «Por todas as mulleres, por todos os dereitos, revolta feminista»
revolta-feminista

Febreiro 2019 Lugo, orgullosa de ser cidade acolledora do movemento feminista galego e da manifestación feminina unitaria, que a Plataforma Galegas 8M decidiu celebrar na cidade o vindeiro 3 de marzo. Así o puxo de manifesto a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e inclusión, Ana Abelleira, quen avanzou que o Concello se está preparando para acoller a cita das Mulleres con forza,  slogan creado polo Concello para amosar, a través da fortaleza da Muralla, as fortalezas das mulleres.

Nesta liña, o Goberno de Lugo decidiu facer folga e renunciar ao soldo correspondente ao día 8 de marzo co fin de apoiar o parón convocado con motivo do Día da Muller no ámbito laboral, de coidados, de consumo e estudiantil para visibilizar o papel da muller e reivindicar igualdade e un mundo máis xusto, no que non teña cabida o patriarcado e no que se garante a igualdade de oportunidades e dereitos, así como unha sociedade na que non se asasine polo feito de ser muller.

“MULLERES CON FORZA”

Así mesmo, a Concelleira tamén avanzou o programa de actividades que ultima o Concello polo Día da Muller, en colaboración coa Plataforma Feminista de Lugo, que forman parte de Galegas8M; no que se engloban, como actos institucionais, a entrega de premios Entre Mulleres -o propio 8 de marzo- ou a Andaina pola Igualdade pola Muralla, o 10 de marzo; ademais da mobilización do 3 de marzo, que dará comezo ás 12:00 horas da mañá, percorrendo as rúas de Lugo ata a Praza Horta do Seminario, onde se lerá un manifesto.

Para rematar, Abelleira convidou a cidadanía a sumarse tanto ao movemento #3MVouALugo como a toda a programación, «que busca rexeitar a desigualdade coa que nos tentan rodear as políticas contrarias aos dereitos que as mulleres fomos acadando ao longo do tempo».