O deseño gañador, no que aparece a Muralla e un xeneral do exército romano, é obra do lucense Juan Ramón Morales Núñez. O gañador recibirá, por primeira vez, un premio de 1.300 euros

Cartel Arde Lucus 2019

Febreiro 2019 Legatvs presidirá o cartel anunciador do Arde Lvcvs 2019, que cumpre a maioría de idade en xuño. A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, achegouse este mércores á Casa da Xuventude, onde deu a coñecer o cartel anunciador tras a deliberación dun xurado profesional.

O traballo gañador será a imaxe oficial que anunciará esta festa declarada de Interese Turístico Nacional, que terá lugar os días 14, 15 e 16 de xuño, tal e como se establecía nas bases do certame convocado polo Concello.

O deseño gañador, no que aparece a Muralla e un xeneral do exército romano, é obra do lucense Juan Ramón Morales Núñez. Foi seleccionado por un xurado do que formaron parte a deseñadora gráfica Lucía Barrios, o fotógrafo Jesús Burgo, e o vicedirector da Escola Superior de Arte e Deseño, Ramón Falcón, Alejandro Carro; así como de entre os dez traballos finalistas; é dicir, entre os dez máis votados pola cidadanía a través dunha votación popular no facebook oficial destes festexos, que rexistrou máis de 10.000 votos válidos. O gañador recibirá, por primeira vez, un premio de 1.300 euros.

Cartel do 2018 e aquí podes ver unha espectacular galería de fotos