Outubro 2019 Tras meses de traballos de restauración levados a cabo pola experta lucense Marga Portomeñe, os xigantes volverán a pasear polas rúas de Lugo nestas festas de San Froilán.

As dúas figuras de xigantes recuperadas teñen máis de tres
décadas de antigüidade e sairán cos cabezudos o día 4, despois do pregón (20:30 horas), animando a praza Maior xunto coa Charanga Terra Chá + Reviravolta; e o  día 5 , xunto cos Xílgaros de Lugo, farán un pasarrúas polo recinto histórico da cidade a partir das 20:00 horas.

Ademáis, o venres 11 – 20:30 horas,  estarán pola zona dos viños xunto coa charanga Unión Phenosa e pecharán as festas o día 12 – 12:30 horas, xunto á Foliada de Bosende por Campo Castelo, praza da Constitución e Praza de Bretaña.

Programa completo das festas do San Froilán 2019

Fonte da foto: Gab. Com. Cultura Concello