Marzo 2019 Finais de marzo e chega unha nova edición, e xa son 25, do Festival de Teatro Universitario que promovido por Lugo Cultural vai facer da nosa cidade o epicentro do teatro univesitario do noroeste peninsular con compañías galegas e unha de León que representarán no Auditorio Gustavo Freire as súas obras, ademáis de actividades complementarias que dan forma a un programa moi atractivo, do 26 ao 01 de abril.
A entrada é libre salvo para a actuación da Casa de ilusións (as entradas recóllense na oficina de cultura da vicerreitoría de coordinación -máximo 2 por persoa-
Recordamos que a obra representada pola compañía de teatro da USC-Lugo na edición pasada acabou gañando o Festival Nacional de Teatro Universitario, así que estamos ante unha boa ocasión de disfrutar de balde de representacións teatrais de gran nivel)
O festival está promovido polo convenio Lugo Cultural, convenio de colaboración da Deputación, Concello de Lugo e USC co que se ofrecen actividades lúdico-culturais totalmente gratuítas durante todo o ano
O martes 26 de marzo ás 20:30 horas terá lugar a actuación da Aula de Teatro da USC de Santiago de Compostela coa obra A muller que tiña medo e marchou a vivir ao Carrefour de Roberto Salgueiro.
O mércores 27 de marzo ás 18:00 horas e as 20:30 horas no auditorio Gustavo Freire terá lugar un encontro coa compañía de teatro da USC de Lugo. Ás 21:00 horas no fondo da Praza Maior terá lugar unha intervención na rúa dos teatreiros e teatreiras de Lugo e a lectura do Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro creado por Carlos Santiago.
O xoves 28 de marzo ás 12:30 no Auditorio Gustavo Freire terá lugar o ensaio xeral e coloquio da Casa de ilusións (entrada libre ata completar aforo limitado).
O venres 29 de marzo ás 20:30 horas terá lugar a actuación do Teatro el Mayal da Universidade de León coa obra Aquí en la tierra a cargo de Javier R. de la Varga.
O sábado 30 de marzo ás 20:30 horas, o domingo 31 de marzo ás 18: 00 horas e ás 20:30 horas e o luns 1 de abril ás 10:30 terá lugar a actuación da compañía de teatro da USC de Lugo coa obra Casa de ilusións dirixida por Paloma Lugilde.
O luns 1 de abril ás 20:30 horas terá lugar a actuación da Compañía Maricastaña da Aula de Teatro de Ourense coa obra Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse dirixido por Fernando Dacosta.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte