Viva o Arde Lucus 2019

Xuño 2019 Na pasada edición do Arde Lucus, un grupo de fotógrafos e fotógrafas deste medio, retrataron a súa particular visión das festas nesta reportaxe. Belén Cordero, Llum González, Adra Pallón e Marcos Loopez saíron ás rúas para deixar fixado no tempo estampas do Arde Lucus 2018 atendendo ao valor histórico e social da fotografía documental. 

Desta volta, este 2019, contando coa financiación do Concello de Lugo, e tras o éxito das reportaxes do Viva O San Froilán, ademáis deste catro reporteiros estarán Bego Pérez, María Viso e o ilustrador de cabeceira de Viva Lugo, Iván Mouronte para facer que estes días e co tempo todo aquel que vexa estas fotos e ilustracións berre: Viva o Arde Lucus…Viva!!!!

Para vivir o Arde Lucus desde outros puntos de vista non tes más que visitar o espacio especial Viva o Arde Lucus  e seguirnos nas redes, onde iremos compartindo as fotografías e ilustracións que iremos facendo este fin de semana de FESTA maiúscula. 

arde-lucus

Este proxecto promovido por Viva Lugo co apoio do Concello de Lugo ten por obxetivo dar a coñecer a artistas lucenses. Nesta edición 2019 os participantes son:

BELÉN CORDERO 

Facebook

LLUM GONZÁLEZ

Facebook

ADRA PALLÓN 

Facebook

MARCOS LOOPEZ

Facebook

BEGO PÉREZ

Facebook

MARÍA VISO

Facebook

IVÁN MOURONTE

Facebook

FOTOGRAFÍAS DO ARDE LUCUS 2018: VER