A CONQUISTA DA DEMOCRACIA
Mesa redonda con políticos de Lugo en activo nos anos 1960/70 o xoves 23 de abril de 2026 ás 19:30 no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
Dirixida a toda a cidadanía e de balde.
Con:
Carlos Dafonte Díaz
Lois Diéguez Vázquez
Antonio Gato Soengas
Alfredo Sánchez Carro
Cándido Sánchez Castiñeira
Presentador- Moderador/a: Santiago Fernández Rocha
«Como era a vida e a actividade política nos anos 60/70 do século pasado, cando se funda o Club Cultural Valle – Inclán?
Contaránolo cinco oradores/as, de diversas ideoloxías e militancia, que viviron moi activamente os anos 60 e 70 cando se fraguou a gran transformación política na que eles foron parte activa. Presentaraos e coordinará o acto unha cualificada testemuña da época: Santiago Fernández Rocha, político e articulista hoxe en diversos medios.
Como era e como viviron aquel momento? A que aspiraban e que fixeron para conseguilo? Foi a democracia unha concesión das elites ou unha conquista lograda pola cidadanía con sacrificio, esforzo e risco? Que balance farían hoxe, medio século despois? A estas e outras preguntas, esperamos que dean resposta os convidados a esta mesa redonda que formará o cartel deste acto.»
Dentro da programación de actividades polos 60 anos do Club Cultural Valle-Inclán






