O Concello de Lugo presentou a programación organizada pola Área de Cultura con motivo do Día das Letras Galegas, unha celebración que este ano rende homenaxe á escritora e xornalista Begoña Caamaño.
A alcaldesa, Elena Candia, destacou que esta conmemoración “representa moito máis ca unha homenaxe literaria, porque tamén é unha oportunidade para reivindicar a nosa lingua, a nosa identidade e a cultura galega como elementos de unión e convivencia”.
A programación deseñada polo Concello combina literatura, música, creación artística, memoria histórica e actividades familiares coa intención de achegar a figura de Begoña Caamaño á cidadanía “dun xeito vivo, próximo e participativo”, apostando por unha oferta gratuíta e aberta a todos os públicos.
Os actos desenvolveranse o sábado 16 e o domingo 17 de maio:
Sábado 16 de maio
Programación no Vello Cárcere
Domingo 17 de maio
No templete da Praza Maior
• 11:30 a 13:00 horas – Encontro cos Bolechas
• 17:30 a 19:30 horas– Lectura pública das obras de Begoña Caamaño coa participación cidadá, acompañamento musical de Claustromúsic@ Lugo e conducida pola xornalista Raquel González.
Durante este acto interpretaranse diferentes pezas representativas da música galega, nun percorrido musical que pon en valor tamén o patrimonio cultural do país.
A alcaldesa puxo en valor o papel da cultura galega como ferramenta de cohesión social e destacou a importancia de “seguir creando espazos compartidos arredor do galego, especialmente entre as novas xeracións”.



























