Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Concerto da Real Filharmonía de Galicia con Amadine Beyer, directora

29 de mayo - 20:00

Concerto da Real Filharmonía de Galicia con Amadine Beyer, directora

29 de maio de 2026 – Círculo das Artes –  20:00 h

Programa:

  • F Händel: Suite nº 1 da Música Acuática
  • F. Abel: Sinfonía nº 4 en do maior
  • J. Ch. Bach: Abertura e Suite de Amadís de Gaula

O programa desta noite viaxa dende o corazón do Barroco ata o Clasicismo, ofrecéndonos a posibilidade de apreciar a transformación estética dunha época.

Venda de entradas para non socios:  Taquilla do Círculo das Artes
Entradas para non socios: 20 €
Entradas estudantes: 5 €* (*menores de edad entrada gratuita)
Pódense reservar entradas escribindo a: filarmonicadelugo@gmail.com (A reserva non é obrigatoria)

Amandine Beyer

Dende hai xa algúns anos Amandine Beyer é recoñecida como unha referencia na interpretación do repertorio barroco para violín. A súa gravación das sonatas e partitas de J. S. Bach, foi recibida como unha revelación pola critica (Diapason d’or de l’année, Choc de Classica de l’année, Editor’s choice de Gramophone, Prix Academie Charles Cros, Excepcional de Scherzo….).

Habitual das máis importantes salas e festivais do mundo enteiro (Théatre du Chatelet, Festival de Sablé, Innsbruck Festwochen, Konzerthaus de Viena…), a súa actividade musical divídese entre os diferentes grupos nos que participa: Les Cornets Noirs, os dúos con Pierre Hantaï, Kristian Bezuidenhout ou Laurence Beyer e o seu propio grupo Gli Incogniti, co que gravou varios discos (Apothéoses de F. Couperin, Concerti Grossi de Corelli, Catro Estacións de Vivaldi, Nicola Matteis…). Estes discos obtiveron o apoio unánime da crítica internacional.

 Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia créase no ano 1996 en Santiago de Compostela, e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia, na cidade de Santiago de Compostela.

Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes.

Baldur Brönnimann é, dende xaneiro de 2023, o seu director titular e artístico e Sebastian Zinca o seu director asistente. Con anterioridade, os seus directores principais foron Helmuth Rilling (1996–2001), Antoni Ros Marbà (2001–2013) e Paul Daniel (2013–2023).

Coa orquestra colaboran os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas de todo o mundo.

https://filarmonicadelugo.com/

Detalles

  • Fecha: 29 de mayo
  • Hora:
    20:00
  • Categoría de Evento:

Recinto