Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Roteiro e obradoiro na contorna da lagoa de Valverde

11 de julio - 11:30

«Lagoas sintéticas

O sábado 11 de xullo de 2026 (11:30 a 14:30) sairemos do noso espazo para convidarvos a facer un roteiro e obradoiro na contorna da lagoa de Valverde, o ecosistema húmido máis grande da provincia desecado completamente pola modernidade agroindustrial e recuperado agora parcialmente de manera sintética.

Lagoas sintéticos é un roteiro colectivo tomando como obxecto de estudo a Lagoa de Valverde (Feira do Monte, Cospeito).

Baixo as aguas calmas da lagoa, desecadas fai setenta anos pola colonización franquista, agóchanse múltiples formas de vida, seres reais e espectrais que forman as mitoloxías tanto do imaxinario popular como da modernidade.

A través dun roteiro, propoñemos un obradoiro para falar, pensar e fedellar colectivamente para facer falar ao medio que nos rodea. Aproximarémonos a diferentes instrumentos de visión que nos permitan facer visibles a todas estas múltiples formas de vida e relatos asolagados baixo as augas da lagoa de Valverde. ¿Qué podemos atopar nelas a través das cámaras, hidrófonos, grabadoras, e outros instrumentos de detección dunha realidade espectral que se agocha cada vez que abrimos os ollos?

Inscrición no noso email (leirahaus@gmail.com) ou DM.

Recomendamos unha doazón de 15€ para cubrir materiais e custos.

Actividade dentro do ciclo Penas, corzas e transparentes.» https://www.instagram.com/leira.haus/

Detalles

  • Fecha: 11 de julio
  • Hora:
    11:30
  • Categoría de Evento: