Presentación do libro LUGOPOÉTICA 2026
O luns 19 de outubro, ás 19:30 da tarde, no salón de Plenos do Concello de Lugo, vaise presentar o libro LUGOPOÉTICA 2026, que recolle os contidos das conversas poéticas celebradas na sede da UNED en Lugo no decurso do primeiro semestre do presente ano, dirixidas polo profesor e poeta XOSÉ CARLOS ULLOA, co patrocinio do Concello de Lugo, Xunta de Galicia e U.N.E.D..
Cada un dos asistentes recibirá un exemplar desta publicación – xa a terceira da serie iniciada en 2024 – na que participan doce poetas de Chantada, Castroverde, Sarria, Lugo, Paradela, Guitiriz, Cospeito e Corme.
O acto, organizado por Egeria e Brandán Comunicación, estará presidido pola Alcaldesa de Lugo, Elena Candia; Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Alfonso Villares e Directora da Uned Lugo, Ana Traseira.
Intervirán, ademais das autoridades sinaladas, o Director dos Encontros, José Carlos Ulloa o Presidente de Egeria, Xulio Xiz e as/e os poetas: Diana Varela Puñal, Chelo Gayoso, Alicia Fernández, Elena Pérez, Eduardo Carreira, Ánxela Gracián, Anamar Fraga, Mariluz Balsa, Xosé Lois García e Ramón Rodríguez Porto.
O acompañamento musical, á frauta traveseira, estará a cargo de Angélica Darriba Fernández, de 13 anos, das Escolas Músico Crisanto e Banda Sons e Soños, que xa participou coa súa música en varios destes encontros poéticos.

