Este sábado, xornada de salvtem, ornatrix et vngventum nas Termas Romanas
A xornada arrincará ás 17:00 horas, cun taller de unguentos, a cargo de Kuanum. Ás 18:30 será a quenda de ornatrix, con Carmen Sánchez, que recreará o peiteado de Agripina La Mayor
Pecha ás 20:00 horas Miguel Alvelo, presidente da Cohors III Lucensium, que ofrecerá a conferencia A menciña despois das loitas nas Gallaecia
Ademais este xoves, 23 de maio remata o prazo para inscribirse na quinta edición do concurso de decoración de escaparates de establecementos, para celebrar o Arde Lvcvs, tras ampliarse o prazo
ardelucuscultural

Este sábado o Arde Lvcvs Cvltvral preparou unha xornada de salvtem, ornatrix et vngventum nas Termas Romanas, no Balneario de Lugo. Concretamente, esta xornada arrincará ás 17:00 horas, cun taller de unguentos, a cargo de Kuanum. Ás 18:30 será a quenda de ornatrix, con Carmen Sánchez Milao, licenciada en xeografía e historia, que recreará o peiteado de Agripina La Mayor. Remata ás 20:00 horas, Miguel Alvelo Iglesias, presidente da Cohors III Lucensium e Doutor en menciña, ofrecerá a conferencia A menciña despois das loitas nas Gallaecia.

Para participar en calquera destas actividades, que son de balde, é preciso inscribirse a través do 010 ou no teléfono 982297350 para os de fóra de Lugo. 

O sábado, a Casa da Xuventude acolle de novo os talleres para facer un traxe para os festexos do Arde Lvcvs, que terá lugar todos os sábados, ata xuño, de 10:30 a 13:30 horas, e o taller de tambores, tamén todos os sábados, ata o 8 de xuño, das 10:30 ás 13:30 horas. 

V concurso de escaparates Arde Lvcvs

Ademais este xoves, 23 de maio, remata o prazo para inscribirse na quinta edición do concurso de decoración de escaparates de establecementos, para celebrar o Arde Lvcvs, tras ampliarse o prazo. Poderán participar todos os establecementos comerciais que se atopen no termo municipal de Lugo. As insricións, que son gratuítas deben facerse tamén a través do teléfono 010.

Outorgaranse tres premios, un primeiro de 1.000, un segundo de 500 e un terceiro de 300. Os escaparates terán que ser exhibidos, como mínimo, do 3 ao 16 de xuño, último día destes festexos de recreación histórica; e terán que acreditar a súa participación situando, nun lugar visible, o distintivo proporcionado polo Concello.