microefectos-dramaturxicos-aniversario

Xuño 2019 Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo en sesión de tarde e noite o xoves 06 e venres 07 de xuño en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse catro pezas novas, escritas, dirixidas e interpretadas polos diferentes membros do colectivo.

O grupo pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

Microefectos Dramatúrxicos celebra nesta sesión o seu sexto aniversario. O proxecto comezou en maio de 2013 na Sala Velvet Underground e en novembro dese mesmo ano se trasladou ao Club Clavicémbalo. Ao longo de todo este tempo se puxeron en escena en torno a 160 micropezas de producción propia.

PEZAS

Non. Todos somos así Escribe e dirixe Brais García. Interpretan: Anxo Manoel, Elvira Velasco, Raquel López, Isa Herrero, Brian Rodríguez e Brais García.

Elogios no Escribe e dirixe: Brian Rodríguez. Interpretan: Germán Frasio e Brian Rodríguez.

V de voda Escriben e dirixen María Grandío e Pepe Saavedra. Interpretan: María Grandío, Anxo Manoel e Elvira Velasco.

B de banquete Escriben e dirixen Pepe Saavedra e María Grandío. Interpretan: María Grandío, Anxo Manoel, Conchi Madrina, Antón Sampaio, Brian Rodríguez, Elvira Velasco, Raquel López, Isa Herrero, Brais García

microefectos-dramaturxicos-todos-somos