Setembro 2019 Novas actividades teatrais no Cemiterio San Froilán da man de Palimoco Teatro que súmanse ás realizadas por Achádego Teatro. En palabras de Cristina López, Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, “pretenden achegar o cemiterio á veciñanza para desfrutar da calma e harmonía do recinto”. Cristina López convidou a todas e todos os lucenses a desfrutar “do teatro clásico na súa versión máis innovadora no entorno privilexiado do cemiterio”.

Domingo 29 setembro – 17:00 «Quen ocupa esta cadeira?»

É unha actividade a través da cal máis de 30 actores e actrices de idades comprendidas entre os 11 e os 57 anos farán monólgos de Shakespere, CHejov e Lorca entre outros autores. 

Domingo 27 de outubro Representacións de Don Juan e Don Juanín

Aforo limitado a 50 persoas, con invitación, que se poderá retirar na Oficina Municipal de Turismo. Para máis información se pode acudir á web do cemiterio e ao 010.

A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentou no día de hoxe xunto con Pomba Luxilde, de Palimoco Teatro, as novas actividades teatrais do Cemiterio de San Froilán
A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentou no día de hoxe xunto con Pomba Luxilde, de Palimoco Teatro, as novas actividades teatrais do Cemiterio de San Froilán
quen-ocupa-cadeira