Outubro 2019 O Club Cultural Valle-Inclán inicia este luns, día 28 de outubro, un pequeno ciclo de cine documental francés co filme Demain (Mañana) de Cyril Dion, e Mélanie Laurent. Premio César ao Mellor Documental 2015. Investigación de como algúns países enfrontan os problemas ecolóxicos, económicos e sociais. VOSG.
O ciclo completarase o día 4 de novembro coa proxección de Varda par Agnès, derradeiro filme de Agnès Varda no que presenta a súa experiencia como directora desde os tempos da “Nouvelle Vague”. VOSE
As proxeccións terán lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial, en sesión de 19:30 horas. Entrada libre e de balde ata completar aforo.
Demain
Ano: 2015
Duración: 118 min.
País: Francia
Dirección: Cyril Dion, Mélanie Laurent
Fotografía: Alexandre Léglise
Xénero: Documental | Fin do mundo
VOSG
Sinopse: Que pasaría se mostrar solucións ou contar historias que fan o ben fose a mellor maneira de resolver os problemas ecolóxicos, económicos e sociais que ten o noso planeta?
Seguindo a publicación dun estudo que anunciaba a posible desaparición de parte da humanidade de aquí a 2100, Cyril Dion e Mélanie Laurent propuxéronse, xunto a un equipo de catro persoas, iniciar a súa propia investigación en dez países para pescudar que podería estar a provocar tal catástrofe e, sobre todo, como se podería evitar.
Durante a súa viaxe coñeceron a pioneiros que estaban reinventando a agricultura, a enerxía, a economía, a democracia e a educación. Poñendo en práctica estas iniciativas, concretas, positivas e que xa están en marcha nalgúns lugares e demostrando que funcionan, os directores comezaron a
darse conta como podería ser o mundo do mañá.
Premio: César ao Mellor Documental 2015
Varda par Agnès
Ano: 2019
Duración: 115 min.
País: Francia
Dirección: Agnès Varda
Guión: Agnès Varda
Fotografía: Claire Duguet, Julia Fabry
Xénero: Documental | Documental sobre cinema. Biográfico
Sinopse: Unha película documental única e impredicible dunha narradora
fascinante. A nova e última longametraxe de Agnès Varda arroxa luz sobre
a súa experiencia como directora e achega unha visión persoal do que ela
chamaba «escritura de cinema». Paixón e sabedoría en toda unha lección de
vida. Unha excelente carta de presentación para os recentemente chegados
e un marabilloso agasallo de despedida para os cinéfilos que xa coñecen a
súa obra.
VOSE
Premios: 2019: Festival de Berlín: Sección oficial (fóra de concurso)