ABRIL 2018 A música, o teatro, a literatura e a historia marcan a axenda da primeira semana de abril en Lugo. Deste xeito, a cidade rexistrará unhos intensos días con propostas lúdico culturais para todos os públicos, organizadas ou promovidas polo Concello, en distintos espazos destacados lugueses, como o centro socio cultural do Vello Cárcere, o Museo Interactivo da Histoira de Lugo (MIHL) ou o Auditorio Municipal, entre outros.
Martes 03/04, en xornada de tarde, terá lugar a claxe maxistral O Repertorio Xaponés para Percusión, no Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, a partir das 17:00 horas. Posteriormente, ás 20:30 horas, no MIHL, comezará o concerto Japanese Memories, a cargo da percusionista Sabela Castro. Ambas as dúas actividades están enmarcadas dentro do VI Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHL Sons XXI, que continuará todos os martes ata o 24 deste mes.
Mércores 04/04, ás 19:30 horas, o auditorio do Vello Cárcere será testemuña da presentación do libro Doce cartas a María Victoria Moreno, de Ánxela Gracián. O Concello colabora con este acto de presentación dunha publicación, para público a partir de 10 anos, dentro do seu compromiso por concienciar do uso da lingua galega e de enxalzar a cultura popia. O libro, ilustrado por Antonio Seijas, ten como protagonista ao lobo Garimoso, ese animal creado pola autora na súa primeira novela, qe agora decide escribir 12 cartas á súa creadora, coa que lembrará a infancia e mocidade da propia autora ou a súa concepción da docencia. A entrada é libre ata completar cabida
Para o xoves 05/04, ás 20:30 horas, o Concello ten programada a representación da obra Cinco mulleres que comen tortilla, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, a cargo da compañía Señora Supina. O prezo da entrada é de 3 euros e as entradas poderán adquirirse a través de www.entradaslugo.es ou no propio auditorio unha hora antes do comezo do espectáculo. Esta representación é unha comedia delirante e enxeñosa. A liberdade, o feminismo, as moralidades e o medo ao descoñecido son os motores desta exitosa comedia internacional.
Para as persoas máis interesadas en coñecementos científicos, ese mesmo día terá lugar a nova charla do ciclo Achegando a Ciencia ao Vello Cárcere, a cargo de Cibrán Santamarina, que baixo o título de O estrambótico mundo cuántico, falará sobre a física cuántica, na que presentará un mundo que parece escapar ao entendemento humán. Será tamén a partir das 20:30 horas. Dado ao interese que espertaron as conferencias desta programación gratuíta, habilitarase tanto o salón de actos como o propio patio do centro.
Para cerrar a semana, o venres 06/04 volven os Faladoiros Feministas coa charla “Fitos do Feminismo” da mán de Cristina Bajo Enriquez, Licenciada en Socioloxía pola Universidade de A Coruña, e Postgrado como Técnica Superior en Intervención Social con Mulleres Inmigrantes e dous Masters en Planificación e Xestión de Servicios Sociais e Estudios Interdisciplinais de Xénero. Arrincará ás 20:00 horas, no Vello Cárcere. A entrada tamén é de balde.
Outra alternativa para o venres é o I Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia, enmarcada dentro da programación do Arde Lvcvs Cvltvral. Esta iniciativa arrincará ás 20:00 horas no MIHL, e contará con algúns dos principais especialistas galegos en ilustración. Terá lugar ao longo do mes de abril, e constará de tres sesións teóricas os venres, a modo de conferencias, e dous obradoiros prácticos o sábado 14 e o 21. O coordinador do evento, Manel Cráneo, será o encargado de dar o pistoletazo de saída a este encontro, o primeiro en Galicia destas características.
Xa a fin de semana, e tamén dentro do Arde Lvcvs Cvltvral, a asociación de recreación histórica Ara Roma, ofrecerá un obradoiro para crear con teselas un templo, no Museo Arqueolóxico de San Roque, de 11:30 a 13:30 horas, e de 17:00 a 19:00 horas, o sábado. As inscricións para participar poden facerse a través do 010.
Ese mesmo día, o auditorio do Vello Cárcere acollerá a presentación de Cairón Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns, ás 19:00 horas, coas intervencións de Xesús Alonso Montero, Daniel Salgado e Francisco Pardo. Trátase do segundo número deste boletín.
O domingo, o Concello dá o oportunidade de coñecer as arquitecturas do Camiño Primitivo, dende Fontaneira a Vilabade, a través dunha andaina guiada. A distancia desta ruta é de 15 quilómetros e o punto de partida é, ás 10:30 horas, na parada de autobús da Praza Anxo Fernández Gómez. As persoas que queiran participar nesta visita, no marco da programación de Terras de Auga e Cultura, poden inscribirse na Oficina Municipal de Turismo.
Paralelamente, o Vello Cárcere e o MIHL acollen mostras de distintas temáticas. Concretamente, na primeira instalación municipal pódese visitar a de fotografía Irán, París, Lugo e a de escultura Ledesma; ademais das permamentes sobre a memoria histórica do centro. Pola súa banda, na segunda instalación pode verse unha exposición sobre David Bowie e outra sobre as Cohors III Lucensium.
As visitas guiadas polo Vello Cárcere, de xoves a domingos, son outra alternativa para esta semana.