Nove concellos de Lugo reciben esta semana ao Circuíto de Teatro Afeccionado.
Becerreá, Rábade, Outeiro de Rei, A Fonsagrada, Guitiriz, Barreiros, Monforte, Lugo e Sarria.
Axenda e notas sobre as obras
O achado do Castro (OS PINCHACARNEIROS)
Venres, 15 de decembro | 20:00h | CASA DA CULTURA (BECERREÁ)
Comedia. Público adulto e adolescente
Autoría: Adaptación libre do texto orixinal de Núñez Singala.
Dirección: Rubén Pérez Pombo, Brian Rodríguez e Ángeles Mayra.
Duración: 60 min.
Sinopse:
autor da historia lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas desde un «Latín» un chisco especial.
Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e unha historia de amor. humor, múltiples situacións divertidas e engaiolantes a través da maxia do teatro.
21/3 (GRUPO DE TEATRO DOWN)
Venres, 15 de decembro | 20:00h | CENTRO SOCIOCULTURAL (RÁBADE)
Teatro documental. Público adulto.
Autoría: Grupo de Teatro Down
Dirección: Paloma Lugilde
Duración: 50 min.
Sinopse:
“Cando pecho os ollos podo ver a miña vida por retazos, podo compoñer un vestido cosendo todos eses retazos, anécdotas, a primeira vez que vin o
mar, o meu primeiro bico, as cousas que me fixeron feliz e as cousas que non me fan nin me fixeron tan feliz…”.
21/3 trata sobre cada un dos membros deste grupo, sobre as súas inquedanzas: como nos ven?, como nos gustaría que nos visen?, somos aceptados?, porque temos que ser aceptados?, non somos como os demais? Ou somos como Segismundo buscando o motivo do seu castigo?
Os textos creados no taller de teatro son eses retazos que unha vez cosidos cobraron vida. Xógase coa numeroloxía: 21 escenas en tres actos, 21 de marzo e o triple cromosoma 21. As imaxes, as atmósferas e os corpos son primordiais na posta en escena. Unha obra para enternecer, rir e chorar. Como a vida mesma.
Vaise pechar unha casa máis (OS BALUROS)
Sábado, 16 de decembro | 17:00h | LOCAL SOCIAL DE RODAS (OUTEIRO DE REI)
Drama. Todos os públicos.
Autoría: Julio Pita Muinelo
Dirección: Os Baluros
Duración: 90 min.
Sinopse:
Pepe é un labrego que vive nunha aldea xunto coa súa nai, a viuva Maruxa. Con moitas dificultades sobreviven sen atopar o xeito de mellorar naquel medio rural de mediados dos setenta. Engaiolado polos relatos da vida que di levar un veciño emigrado, segue o camiño deste, a pesares da fonda tristura que senten, tanto el como a súa nai. Pero un agravamento da saúde de Maruxa, forza o seu regreso.
Os secundarios (TEATRO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ANTAS DE ULLA)
Sábado, 16 de decembro | 18:00h | SALÓN DE ACTOS DOS CHAOS (A FONSAGRADA)
Traxicomedia. Todos os públicos.
Autoría: Vanesa Ferreiro e María Gontá.
Dirección: Aida Cobas
Duración: 70 min.
Sinopse:
Esta é unha obra de teatro sobre o teatro. Os actores e actrices secundarios, cansos de estar relegados a un segundo plano, deciden tomar o control do escenario e levar o peso da representación. Axiña comezan a xurdirlles inseguridades e contratempos, xa que non están afeitos a asumir un rol principal. Serán capaces de levar a cabo a función sen contar cos protagonistas?
Camping Gas (OS TROCOS)
Sábado, 16 de decembro | 18:30h | CASA HABANERA (GUITIRIZ)
Comedia. Todos os públicos
Autoría: Iria Acevedo. Obra adaptada por Guillermo Cancelo.
Dirección: Guillermo Cancelo
Duración: 70 min.
Sinopse:
Un camping nas Rías Baixas en tempada alta. Música, baile, sol e praia. Unha dona con moito poder. Veraneantes que mesturan o amor, o desamor, o
desexo, a corrupción e as envexas nun cóctel explosivo para refrescar un calor abafante. Don Félix Galván, concelleiro de urbanismo de “La Toja”, está inmerso nunha operación ilegal que implica a varias concellarías e tamén ao camping por cousas dun amor do pasado.
Aire fresco (ARDORA)
Sábado, 16 de decembro | 19:00h | CENTRO SOCIOCULTURAL (BARREIROS)
Comedia. Todos os públicos.
Autoría: Francisco Piñeiro González.
Dirección: Maria Paz Rodríguez Silva.
Duración: 75 min.
Sinopse: A crise da covid puxo de relevo problemas comúns, que todos temos na cotidianidade, pero que tenden a ser invisibilizados. As persoas maiores foron un dos colectivos máis afectados pola pandemia, dada a súa vulnerabilidade. Esta obra busca concienciar á sociedade sobre a necesidade urxente de prestar unha atención adecuada a quen cuidou e agora precisa ser coidado.
A cegueira de Cupido, porque o amor nunca é o que parece (TEATRO VIRAVENTOS)
Sábado, 16 de decembro | 20:00h | CASA DA CULTURA LOIS PEREIRO (MONFORTE)
Comedia de enredo. Público adulto
Autoría: Candela López e Marcos Vázquez.
Dirección: Candela López e Marcos Vázquez.
Duración: 60 min.
Sinopse: Estas son catro historias independentes sobre as relacións de parella, que aínda que nun primeiro momento non teñen nada que ver, acaban enredándose e mesturándose as unhas coas outras. Unha sucesión de acontecementos surrealistas e absurdos, serven para mostrar como ás veces as relacións están marcadas por estereotipos sociais que non nos deixan actuar libremente polo medo ao que dirán.
De seguro que o público se sentirá identificado con algún dos personaxes da obra, sempre desde a perspectiva do humor.
Borralliña (OS PALIMOQUIÑOS)
Domingo, 17 de decembro | 18:00h | SALÓN TORRE DE NÚÑEZ (Lugo)
Comedia. Todos os públicos
Autoría: Xoan Carlos Laxe
Dirección: Paloma Lugilde
Duración: 60 min.
Sinopse:
Esta é unha adaptación de La Cenicienta dos irmáns Grimm en clave de humor. Hai moito moito tempo, había un país moi rico gobernado por un Rei e unha Raíña xustos e bondadosos. El chamábase Cintolo e ela Madrepérola. Eran moi felices xunto co seu fillo Azul Celeste. Só unha preocupación atenazaba os seus corazóns, o desexo de ver ao seu fillo casado…
Fuga (57 PALABRAS)
Domingo, 17 de decembro | 20:00h | CASA DA CULTURA DE SARRIA
Comedia de acción. Público a partir de 14 anos.
Autoría: Jordi Galcerán
Dirección: Patricia Neira
Duración: 80 min.
Sinopse:
Nesta historia ninguén é o que parece. Un grupo de timadores intenta estafar a un político caído en desgracia pola súa ambición, pero este tampouco é tan parvo coma eles pensan, ou iso cre el. Con este fio argumental, abórdanse temas serios cun tono de humor, como a infidelidade, a corrupción, a dependencia, a avaricia e a procura do amor. A intriga manterase ata o final.