- Este evento ha pasado.
Teatro – Frío
Teatro – Frío
De A Feroz
- domingo, 16 de marzo de 2025 19:00 hs.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 14 anos
Ficha Técnica:
– Dirección: Lorena Conde.
– Elenco: Inés Salvado Gontad, Lola Castro, Bea Romero, Gustavo Freire, Sergio Piñeiro e Guillermo Alzugaray.
Sinopse:
Quen sabe exactamente que é o que vai facer cada día durante o resto da súa vida non alberga grandes temores nin demasiadas esperanzas.
Akaki podería xurar que o seu porvir está escrito con tinta esluída en liñas nidias e rectas, confía nos trazos seguros e firmes da rutina que o protexe dos grandes males e das alegrías inesperadas.
Ata que un insignificante suceso doméstico introduce unha luz brillante no clarescuro: nace a necesidade e, como expresión máis elaborada da mesma, o desexo.
Frío é un espectáculo de teatro físico, máscaras e música en directo baseado libérrimamente na extraordinaria obra de Nikolái Gógol, O abrigo.
ENTRADAS
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
























