Terá lugar entre o 22 e o 27 de setembro.

A programación suma arredor de 200 proxeccións e actividades paralelas en cinco sedes.

Entre as actividades paralelas:  unha mesa redonda sobre o alzhéimer, unha exposición sobre a Muralla de Lugo, un concurso de escaparates ou cine na sede de Aspnais e nos centros penitenciarios de Bonxe, Teixeiro e Monterroso en colaboración coa Asociación Concepción Arenal.

Homenaxes: á actriz galega María Vázquez e a Enrique Muiño, ‘O gaucho galego’, que terán a súa placa no Paseo do Cine do parque de Frigsa, así como aos fotógrafos Atín Aya e Mercedes Vázquez.

ENTRADAS:

O mellor do ano (Auditorio): 3,00 euros
Sección Oficial (Auditorio): 3,00 euros

Con entradas á venda en: https://kadelica.com/

A entrada a todos os demáis ciclos é libre e de balde ata completar aforo previa retirada en https://kadelica.com/  ata unha hora antes do comezo de cada proxección, ou presencialmente na sala correspondente, desde media hora antes.

Unha vez comezada a película non se permitirá o acceso á sala