O auditorio municipal Gustavo Freire, de Lugo, acollerá a representación da obra teatral El aguafiestas, que protagonizan os famosos cómicos Josema Yuste e Santiago Urrialde, xunto a outros catro recoñecidos actores: Maribel Lara, Vicente Renovell, Kiko Ortega e Arturo Venegas. 

Será o venres 9 de decembro ás 20:30 horas e as entradas xa están a venda en ataquilla.com. Os prezos son desde 18 euros.

En El aguafiestas, Sergei (Josema Yuste) é un asasino a soldo que se hospeda nun hotel para poder cumprir co seu rifle desde a xanela un dos seus encargos. Pero a súa tarefa verase constantemente interrompida por Ramón (Santiago Urrialde), o hóspede da habitación contigua. Un home moi, pero que moi pesado, que pretende suicidarse despois de que a súa muller o abandonara. 

Escrita polo francés Francis Veber, un dos dramaturgos máis recoñecidos en Europa, autor do clásico do humor La cena de los idiotas, chega agora a nova versión desta comedia de éxito da man de Josema Yuste baixo a dirección de Marcelo Casas.

Josema Yuste di que “El aguafiestas es una comedia para reír por dentro y, después, reír hacia fuera. Es una comedia para que el espectador la vaya cocinando y digiriendo casi a la vez. ¿En qué peldaño situarías la amistad en la escalera de tu vida? ¿Estarías dispuesto a brindar tu amistad a cambio de nada? El aguafiestas tiene en sus personajes principales y secundarios todo lo que muchas comedias desearían tener: generosidad, ternura, maldad, ingenuidad, surrealismo, estupidez aparente y profundidad desaparente”.

Josema Yuste formou Martes y Trece en 1979, co que logrou grandes éxitos. Continuou a súa carreira de actor despois da separación do dúo en 1996, protagonizando a serie Todos los hombres sois iguales e posteriormente Mediterráneo, El marqués de Sotoancho e La noche de los errores, coa que conseguiu grandes audiencias. 

En teatro protagonizou a comedia musical Cuando Harry encontró a Sally, Nadie es perfecto, Una pareja de miedo, La cena de los idiotas, Taxi e Sé infiel y no mires con quién. Presentou infinidade de galas para televisión, interveu en moitas ocasións en El club de la comedia e protagonizou 12 películas, entre outras La corte del faraón, Aquí huele a muerto, El robobo de la jojoya ou Atraco a las 3 y media. 

Ademais puxo a súa voz a varios personaxes de películas de Disney de gran éxito.

Santiago Urrialde fíxose moi famoso grazas á televisión, medio no que debutou en 1989, pero a súa gran popularidade chegoulle a partir de 1995 no programa Esta noche cruzamos el Mississippi, onde interpretou personaxes como El Reportero Total ou Rambo e fíxose moi coñecido pola frase “No siento las piernas”. 

A continuación participou en numerosos programas de televisión, series como La que se avecina, Escenas de matrimonio, Lleno por favor ou ¡Ala… Dina!; películas, entre elas varias da saga Torrente ou Padre no hay más que uno 3; e obras teatrais como Se infiel y no mires con quien, Matrimoniadas, El zorro ou 101 dálmatas. 

Os demais actores que forman o reparto desta obra tamén teñen amplas traxectorias en teatro, cine e series de televisión.ación