Concerto de piano de Marta Puig na Casa do Saber. Luns 28 de novembro partir das 20.30 horas.

A artista barcelonesa Marta Puig ofrece este luns, a partir das 20.30 horas, un concerto de piano no marco do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, incluído na programación organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural.

Marta Puig ofrecerá ao público asistente un repertorio variado que inclúe composicións de Shumann, Szymanowski, Janácek e Chopen. O concerto é de acceso libre, ata completar o aforo.

Nada en Barcelona, a pianista Marta Puig combina súa carreira como solista coa música de cámara e o lied, que a levaron a tocar en importantes salas de concerto en Inglaterra, Italia, España e Suíza, tales como o son o Auditori de Barcelona, o Palau da Música de Barcelona, ou, entre outros, Milton Court Concert Hall, en Londres.

Nas súas interpretacións, que teñen sido descritas como “cheas de paixón e compromiso”, Marta Puig demostra un nivel moi lato de técnica, estilo e de capacidade expresiva, polo que xa se pode falar dunha artista consolidada que xa suma numerosos premios e recoñecementos en certames nacionais e internacionais en Reino Unido, Italia e España.