Sara López Temes, fotógrafa da mellor fotografía do certame - Premio Carlos Valcárcel

As mellores fotografías entre as 96 que se presentaron ao Maratón Fotográfico do Lugo Cultural 2022 foron as seguintes:

Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do certame: «Entre acordes» de Sara López Temes

Premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía do tema proposto pola organización: «Contraste capital» de Begoña Pérez López.

Premio á mellor fotografía de tema libre: «Retrato en branco e negro» de María Jesús Varela Pulpeiro.

Premio Rof Codina: «Nós» de Bruno Martínez Pérez

A Biblioteca Universitaria Intercentros acolle ata o 2 de febreiro unha escolma de 24 fotografías. Do 6 de febreiro ao 3 de marzo, poderán verse na Biblioteca Provincial de Lugo.

Alén destas exposicións públicas, doce das fotografías presentadas a concurso darán vida e ilustrarán o calendario de 2023 do Lugo Cultural.

A sesión inaugural desta mostra, que ofrece un percorrido visual por Lugo a través de vinte imaxes, contou coa participación do coordinador do Maratón Fotográfico do Campus e integrante do Grupo Cinematográfico Fonmiñá, Eduardo Ochoa; o adxunto á Vicerreitoría de Organización Académica da USC, Antonio Álvarez; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo e vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo, Tareixa Ferreiro, e a fotógrafa e neta de Carlos Valcárcel, Teresa Díaz Valcárcel. A directora da Biblioteca Provincial de Lugo, Isabel Perez Fórneas, e a súa homóloga da Biblioteca Intercentros, Julia Cantalapiedra, tamén asistiron ao acto de entrega de premios e apertura da exposición, unha sesión que congregou a maioría das persoas que tomaron parte na cita artística celebrada o pasado 6 de novembro.
Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do certame: "Entre acordes" de Sara López Temes
Premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía do tema proposto pola organización: "Contraste capital" de Begoña Pérez López.
Premio á mellor fotografía de tema libre: "Retrato en branco e negro" de María Jesús Varela Pulpeiro.
Premio Rof Codina: "Nós" de Bruno Martínez Pérez