A Área de Cultura da USC convida á comunidade universitaria do Campus de Lugo, así como a calquera outra persoa interesada, a dar renda solta á súa creatividade coa celebración dunha sesión de ‘Micro aberto’ que se desenvolverá este luns 27 de marzo, a partir das 20.30 horas, na cafetería da Facultade de Administración e Dirección de Empresas.

Todos os participantes e o público presente poderá gozar dunha consumición gratuíta e está aberta á participación de calquera persoa que teña algo que dicir, xa sexa cantar unha canción, recitar un poema, facer un monólogo, ofrecer un relatorio…

Xornada promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.