Xa está aquí a maxia en Lugo, chega a 18 edición da Semana Internacional da Maxia de Lugo LUGOMAXICO entre o 24 e o 29 de maio A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua presentou, xunto co Mago Rafa e o Mago Teto o programa desta edición “Continuamos apostando polas propostas culturais seguras, dando continuidade a un dos eventos máis importantes no calendario cultural de Lugo”, declarou Maite Ferreiro.

Catro espazos da cidade acollerán un total de 36 actuacións para público familiar, das cales 34 serán de balde e só 2 de pago. As actividades terán lugar no Auditorio Municipal, no MIHL, no Vello Cárcere e na Canella do Hospital. 

PROGRAMA

Gala Máxica Galega, unha gala con catro magos galegos de catro estilos diferentes fusionados nun só espectáculo para toda a familia. A Gala Máxica Galega será o vindeiro luns, 24 de maio ás 18 horas, no auditorio Gustavo Freire (entrada 5€ en entradaslugo.es)

Maxia Diaria – entrada gratuíta ata completar a cabida do recinto – :

Martes 25 de maio
MAXIA NO PATIO DO VELLO CÁRCERE con XULIO MERINO (PASES AS 17:00, 18:30 e 20:00)
MAXIA NO MIHL con ALEJANDRO REVUELTA (PASES AS 17:00, 18:30 e 20:00)
MAXIA NA CANELLA DO HOSPITAL con O MAGO PACO (PASES AS 17:00, 18:30 e 20:00)

Mércores 26 de maio
MAXIA NO PATIO DO VELLO CÁRCERE con JAVI RUFO (PASES AS 17:00, 18:30 e 20:00)
MAXIA NO MIHL con DANIA DÍAZ (PASES AS 17:00, 18:30 e 20:00)
MAXIA NA CANELLA DO HOSPITAL con IVÁN SANTACRUZ (PASES AS 17:00, 18:30 e 20:00)

Xoves 27 de maio
MAXIA NO PATIO DO VELLO CÁRCERE con PEDRO ARAGONÉS (PASES AS 17:00, 18:30 e 20:00)
MAXIA NO MIHL con GRECA (PASES AS 17:00, 18:30 e 20:00)
MAXIA NA CANELLA DO HOSPITAL con OLIVER & LIUBA (PASES AS 17:00, 18:30 e 20:00)

Venres 28 de maio
MAXIA NO PATIO DO VELLO CÁRCERE con MARTILDA (PASES AS 17:00, 18:30 e 20:00)
MAXIA NO MIHL con OSCAR ESCALANTE (PASES AS 17:00, 18:30 e 20:00)
MAXIA NA CANELLA DO HOSPITAL con NANDO CANECA (PASES AS 17:00, 18:30 e 20:00)

A gala final do LugoMáxico 2021 terá lugar o sábado 29, ás 20 horas no Gustavo Freire (entrada 5€ en entradaslugo.es), co espectáculo 100% Daortiz, de Dani Daortiz, un espectáculo que mestura unha técnica exquisita cun sentido do humor tolo. Daortiz é considerado na actualidade un dos mellores cartomagos do mundo.