Nova sesión de Microefectos Dramatúrxicos no Clavi. Os pases terán lugar este xoves 08, venres 09 e sábado 10 de xuño nos seguintes horarios: 20:30 e 22:30 horas.

Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30. 

Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas:

Raíña Cordura Escribe e dirixe: Brais García. Interpretan: Isa Herrero, Raquel López Cendán, Anxo Manoel e Brian Rodríguez.
Colibrí Escribe e dirixe: Isa Herrero. Interpretan: María Grandío, Isa Herrero, Anxo Manoel e Raquel López Cendán.
Empate Escribe e dirixe: Anxo Manoel. Interpretan: Brais García, Conchi Madrina e Anxo Manoel.
Perrificación Escribe e dirixe: Elvira Velasco. Interpretan: María Grandío, Elvira Velasco, Brian Rodríguez e Brais García.

Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutick, tamén haberá entradas dispoñíbeis na billeteira en cada un dos pases.

O grupo, que cumpriu dez anos a comezos de maio, pon en escena pezas teatrais duns quince minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

Imaxes e a cartelería: Pepe Saavedra