A XX edición da Mostra de Teatro Clásico, xunto coas actividades da programación do primeiro semestre que se ían realizar a partir do 12 de marzo, tiveron que suspenderse co inicio da pandemia. As novas dastas anunciadas por Cultura son:

Novas datas da XX Mostra de Teatro Clásico

6 setembro 20,30h Todas hieren y una mata de Ay Teatro
8 setembro 18:30h Y los sueños, sueños son de Tropos Teatro
10 setembro 20,30h Casa o Rei de Ibuprofeno Teatro
13 setembro 20,30h Entre bobos anda el juego de CNTC e Noviembre
15 setembro 18,30h Lázaro de Tormes de Pedras de Cartón
16 setembro 20,30h Ricardo III de Kamikaze producciones

19 setembro 20,30h Macbeth. 

Novas datas para a programación cultural adiada do 1º semestre

18 outubro 18,30h Falar por falar de Volta e dalle teatro
25 outubro 18,30h Celebraré mi muerte de joan Fernández
1 novembro 18,30h Pínconús de Pínconús teatro
6 novembro 20,30h Leira de Nova galega de Danza
8 novembro 18,30h O mellor dos 4 elementos de Pepe Vaamonde Grupo
13 novembro 20,30h As vacacións máis longas de Diego M. Buceta
15 novembro 18,30h Mai mai de Baobab Teatro
22 novembro 18,30h A furia necesaria de Aldaolado
29 novembro 20,30h Crónicas do Paraíso de Sarabela Teatro

O Tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, afirmou que desde a área de Cultura se contactará coas persoas que adquiriran entradas mediante correo electrónico, informándoas das novas datas e do proceso a seguir para solicitar a devolución das mesmas. Segundo Rubén Arroxo, “as entradas xa adquiridas serán válidas para as novas datas”. Ademais, segundo informou Arroxo, “puxéronse á venta no portal de venta de entradas do Concello de Lugo as entradas aínda dispoñibles para os espectáculos, de xeito que as persoas interesadas poidan asistir”.

A área de Cultura garantirá o cumprimento das medidas ditadas polas autoridades sanitarias para o desenvolvemento destas actividades de maneira segura.