Agosto 2019 Chega un ano máis o programa de Residencias Paraíso ao Vello Cárcere de Lugo, que, tras unha dura selección de propostas (tanto galegas como de fora), a elexida foi a do Colectivo LAG (Lara Buyo e Ana Corujo) co proxecto “Libertad Condicionada”.
A residencia artística durará dúas semanas a partir do luns 20 de agosto. Durante a primeira semana, realizarán investigacións sobre as persoas encarceladas en Lugo, e na segunda farán unha serie de performances recreando as condicións do cárcere. Rematarán cunha mostra aberta ao público o día 31.
O programa foi presentado polo Alcalde en funcións, Rubén Arroxo, xunto con integrantes dos colectivos LAG e RPM,
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte