Este sábado 10/04 tivo lugar a Gala de Entrega dos XIX Premios Mestre Mateo, os premios do audiovisual galego aos que chegaban como finalistas un número destacado de lucenses.
No palmarés definitivo que podes consultar no seguinte pdf temos a 5 lucenses:
Nación de Nós Produtora Cinematográfica Galega coa participación de Televisión de Galicia como mellor documental – Margarita Ledo Andión
Muinheira de Interior, de Xaime Miranda, mellor videoclip
Diego Guerrero (Marcos Estebo e Mónica Ares) mellor realización por Cos pés na terra
Mellor dirección de arte para Antonio Pereira por A Illa das mentiras
Mellor interpretación femenina protagonista para Melania Cruz por Ons
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte