Chega a Lugo unha das grandes sensacións da tempada de premios: A peor persoa do mundo, o filme que consagrou a Joaquim Trier.
Despois de estrearse mundialmente no festival de Cannes de 2021, onde a súa protagonista, Renate Reinsve, foi recoñecida como mellor actriz, a película viaxou por todo o mundo causando unha enorme aclamación popular, e incluso loitará na próxima edición dos Óscar por dous galardóns, o de mellor guión orixinal e o de mellor película internacional.
A película é un fermoso retrato xeracional dominado pola inmensa e contaxiosa presenza de Renate Reinsve, unha moza na encrucillada de elixir entre a seguridade que lle da o seu mozo Aksel, un novelista gráfico doutra xeración que ela, ou a esperanza dunha nova vida chea de emocións xunto a Eivind, un rapaz que acaba de coñecer.
Estrea este venres nos Codex
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte